Saltar ao contido

Marco García de Castro, xogador do clube Balonman Culleredo, convocado para as xornadas de Tecnificación Deportiva da Federación Española de Balonmán.

De ledicia andamos no Balonman Culleredo por mor da convocatoria do noso xogador Marco García para as xornadas de Tecnificación deportiva que a federación Española de Balonmán organiza no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada entre os vindeiros 13 e 20 de febreiro de 2019. Alá estarán 70 rapaces nados nos anos 2003 e 2004. Será Marco o único representante da provincia de A Coruña e un dos cinco representantes galegos.

Dende o clube Balonmán Culleredo vese está convocatoria como un premio a laboura que se desenvolve no clube na formación se xogadores de base. Parabens ao este xogador nado no Balonmán Culleredo.


A historia de Marco.

Foi na tempada 2013/14 cando un rapaz espigado e disperso comezaba a adestrar, no pavillon de Vilaboa (Culleredo). A tempada anterior a rotura do antebrazo impedira o seu comezo no balonmán. Era tempo de moitisima ilusión, moito traballo e esforzo, pero compensado con creces. Había un grupo de rapaces, agora xa cadetes de segundo ano, que o daban todo na pista. TODOS continúan dende aquela no Balonmán Culleredo.

Dende aquela pasaron moitísimos adestramentos, moitos choros e alegrías, moitísimos compañeirismo. Esta era a primeira xeración do novo Balonmán Culleredo, logo de sobrevivir durante anos con somente o equipo senior. Sendo alevins coñeceron Marco e os seus compañeiros os torneos internacionais de balonman-Andebolmania en Portugal, repetimos Andebolmania, San Steve de Sesrovires (Cataluña), Nazaré Cup (Portugal) e a tempada pasada EUROFEST (Eslovenia). Todo esto só pode organizarse con un grupo cheo de traballo e ilusión.

No aspecto ligueiro Marco era parte desta primeira xeración da nova era, a xeración ascensora: ascenso a División se Honra Infantil, en Cadete e ... agardemos que para a próxima tempada xuvenil. Tocoulle sufrir, ser referente para os rapaces máis cativos do clube, participando as veces como adestrador dos peques da casa...

Nesta tempada tivo o premio merecido de ser convocado coa selección Galega Cadete, e agora un premio extra, convocado para a xornadas de Tecnificación deportiva da Federación Española se Balonman da súa xeración. Son 70 rapaces, 5 deles galegos, e Marco é un deles. Nestes 70 rapaces está o futuro do Balonman Español, alguns deles formarán parte da selección Española, o nível máis alto ao que se pode chegar nestas idades. Marco é TOP, que din agora os da súa idade.Parabens Marco por este premio merecido. Da o máximo, aprende e desfruta no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada esa semana de febreiro. Representas a tódolos teus compañeiros, eses cos que tantos logros conseguiches (e continuas a conseguir). Por moitos anos.

Clube Balonmán Culleredo

Xa están de volta os nosos catro xogadores que defenderon a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que rematou hoxe mesmo. Todos eles tiveron un papel relevante coas súas respectivas seleccións, desfrutando de moitos e importantes minutos de xogo. Así, Marco García, acadou a medalla de bronce coa selección cadete, mentres que Nuno Loxo, Senén Garea e Marcelo Gil conseguiron coa selección infantil, en primeiro lugar ascender á máxima categoría, logo do descenso producido o ano pasado, e por fin, a quinta praza final no campionato.

Parabéns para todos eles, e moito ánimo tamén para defender de novo a camiseta vermella do Culle desde esta mesma fin de semana.

Os nosos catro xogadores seleccionados para disputar o Campionato de España de seleccións autonómicas, están xa de camiño a Valladolid. Alí competirán desde mañá e ata o próximo día 7 defendendo a Galicia. Moita sorte para todos eles, Nuno, Marcelo, Senén e Marco, que levarán o nome do Balonmán Culleredo a nivel nacional.
Poderemos seguir todos as súas evolucións a través da emisión en streaming oficial (cesa2019.es).

O clube Balonmán Culleredo Campion do máis pretixioso torneo Alevín da Galicia, o Globalmar Cidade de Vigo.
Os pasados 27 e 28 de decembro os equipos representantes do clube Balonman Culleredo no III Torneo Globalmar Cidade de Vigo tiveron un papel destacado. Acudiu o balonmán Culleredo con dous equipos de categoría alevín mixta ao torneo vigués, referente da categoría a nivel galego, para convivir e enfrontarse a históricos coma o BM Cangas, Cisne de Pontevedra, BM Bueu, BM Carballal..., no que asemella a ser un campionato galego de Nadal. Os Cullerdenses tiveron un papel destacado, quedando un dos equipos as portas de entrar na fase de cuartos de final por un gol de diferencia e o outro equipo quedando campión do Torneo. Non llo puxeron nada fácil os rivais ao BM Culleredo Tarrio, gañador final. Superaban os rapaces ao Cisne de Pontevedra pola mínima en cuartos de final (16-15), e logo sempre seguindo unha progresión ascendente gañaron en semifinais ao BM Bueu (30-22) e na final ao equipo que lidera a competición na provincia de Pontevedra, o BM Cangas (24-18).A convivencia e organización no pavillon da AD Carballal foi digna dun campionato nacional, na que os rapaces foron os máximos protagonistas nos tres días de torneo. De seguro que o futuro campión galego sairá dun dos participantes neste torneo testador do nivel do balonman galego.

O clube Balonman Culleredo xa é referente da base en Galicia.
Xa a nivel particular, no Balonman Culleredo vívense neste intre momentos gloriosos, tanto polo gran número de licencias (camiño das 240 nesta tempada) coma da calidade amosada. Ademáis da xa comentada excelsa xeración alevín (tanto en número, con 43 licencias, coma en calidade), na categoría infantil masculina o equipo Cullerdense lidera a clasificación galega con pleno de victorias, e xa comeza a preparar o campionato nacional. Ademáis, o equipo sénior masculino lidera tamen a liga de primeira división autonómica, logo de quedar nas derradeiras duas tempadas de terceiro clasificado e en concreto a tempada pasada tamén campion galego da copa.
Estes triunfos vívense no Balonman Culleredo coma un obxectivo cumplido de calidade máxima logo do xa logrado obxectivo de cantidade de rapaces xogando ao Balonmán en Culleredo.

Os nosos equipos alevíns de segundo ano desprazáronse ao Pavillón do Loureiro, en Carballal (Vigo), para disputar o Torneo Globalmar Concello de Vigo. O torneo xa vai pola súa terceira edición e durante tres días competirán 10 equipos alevíns (dous deles reprensentantes do Culle). Moita sorte e a disfrutar da experiencia!

Ata catro dos nosos rapaces foron convocados para defender á Selección Galega no VII Torneo Internacional do Salnés, que terá lugar nesa comarca do 7 ao 9 de decembro.
O cadete Marco García, e os infantís Marcelo Gil, Senén Garea e Nuno Loxo, defenderán as cores de Galicia nun torneo preparatorio para o Campionato de España (CESA19) que se disputará en Valladolid no próximo mes de xaneiro.
O torneo estará integrado, ademáis de pola selección de Galicia, pola selección de Asturias, e por equipos de Portugal, Holanda e Arxelia.
Parabéns para todos eles!