Saltar ao contido

UNHA GRAN PRIMEIRA METADE ENCAMIÑA A VICTORIA DO ARES Y FUERTES EN PONTEVEDRA.

O Ares y Fuertes afrontaba o sábado unha nova proba co obxectivo de amosar máis regularidade ca na pasada fin de semana. O equipo cullerdense saíu en tromba, cunha defensa sólida e moita rapidez e disciplina á hora de saír ao contraataque. As nosas conseguiron unha ampla vantaxe nos primeiros compases do encontro, o que lles deu tranquilidade para xogar en estático.

O ataque en estático foi moi fiable ante a defensa 5:1 do equipo local, tanto coas transformacións das extremas como coa continuidade no xogo. Sempre se atopaba algunha solución. Gran primeira metade do Ares y Fuertes, que debe consolidar ese ritmo de xogo.

Ao descanso, BM Cisne 15 – BM Culleredo 24

Na segunda metade, o encontro complicouse. O equipo perdeu intensidade e faltoulle anticipación e preparación nas accións defensivas na zona exterior. A iso sumouse a falta de mobilidade en ataque ante a presión das laterais, o que permitiu ao equipo local recortar distancias pouco a pouco. O xogo volveuse máis individual, o balón deixou de circular coa mesma velocidade e o equipo quedou sen respostas. O Cisne aproveitouno para meterse de novo no partido.

Nos últimos intres, as nosas tiveron que dar un pasiño máis para asegurar a vitoria.

Repetiuse a situación da semana pasada e o equipo estivo preto de tirar pola borda o traballo da primeira metade. Hai que seguir aprendendo e dando pasos adiante. Vai ser unha fase longa na que calquera equipo pode ter dificultades, e teremos que estar preparadas para afrontalas.

Parabéns pola vitoria! Esta fin de semana toca dar outro pasiño adiante ante un dos equipos da parte alta da clasificación.

Resultado ao descanso : Bm Cisne 27- Bm Culleredo 35 .

Bm Cisne: Ines De Sola, Silvia Villaverde, Susan Infante, Antia Moure, Irene Gay, Carla de Sola, Cora Rodriguez, Ana Lorenzo , Nayra Ouviña, Alexia Virginie, Sara Torres.

Bm Culleredo Ares y Fuertes: Aldara Piñeiro , Cintia Miguez, Luana Gómez, Alba Fernández, Antia Ferreño , Rosalia Veiga, Maria Otero , Carmela Erias,Lola Romero , Daniela Pérez, Eva Outón, Martina Arroyo , Noa Otón , Aitana Gestal , Sara Villar.

Arbitro:Daniel Paredes

Incidencias; Xornada 2 da fase de loita polo título da liga prata , disputado no pavillón muncipal de A Xunqueira en Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *