Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO GAÑA O DEREITO A PODER XOGAR POLO ASALTO AO LIDERATO

O BM.Culleredo cultivou unha nova vitoria o pasado sábado ante o BM.Chapela de Redondela e, desta forma, asegúrase a posibilidade de poder disputar unha auténtica final a falta de cinco xornadas de liga para o remate da competición. Será dentro de dúas fins de semana ante o BM.Porriño, un punto por baixo dos cullerdenses neste momento, pero cun partido menos debido á xornada de descanso da que gozaron esta fin de semana pasada.
O partido ante o BM.Chapela comezou igualado, con alternativas mínimas no marcador por parte de ambos os conxuntos, exhibindo un ritmo alto e algunhas imprecisións que non permitían que ningún dos dous se distanciase do seu rival. Non foi ata mediado este primeiro tempo cando o BM.Culleredo puido, cun parcial de 5:1, romper esa igualdade e chegar ao tempo de descanso cunha vantaxe nada desprezable (19-15).
No segundo acto, os de Culleredo terminarían por romper o partido ao seu favor, incapaces os foraneos de seguir o alto ritmo que estaban a imprimir. Os parciais continuarían aumentando ata completar unha vitoria tranquila e folgada e, o que é máis importante, o valor de dous puntos que dan dereito ao equipo para disputar un partido que lles pode levantar ao liderato nun par de semanas.

BM. Culleredo : 38 (19+19). Jorge López (P), Oscar Bello (P) (2), Alberto Catoira, Martín ínsua (4), Carlos Costa (2), Miguel Casal (5), Iago Franco (1), Marco García (5), Diego Gago (4), Daniel De Salvador (2), Iago Ferreiro (1), Juanchi (1), Mario Crecente (8), Nuno Loxo (1), Adrián Rodríguez (1), Darío Pérez (1).

Balonmán Chapela 1: 27 (15+12). Iván Gómez (1), Ignacio López, Pablo Cruz, Jonathan Rodríguez, Ángel Pérez, Carlos Ferreira (4), Iñaqui Dacunha (3), Pablo Casal (6), David Fdez (6), Borja Fdez, Alonso Castillo (1), Xoel Fdez, Hector Dacunha (4), Asier Vázquez, Samuel Sarandeses (2).

Parciais cada 5´: 3-2 / 6-5 / 8-8 / 13-9 / 17-13 / 19-15 / Descanso / 23-16 / 28-18 / 29-21 / 33-24 / 36-25 / 38-27 / Final.

Colexiado: Andrea Martínez e José Henrique Folgoso.

Incidencias: 17ª xornada na 1ª Autonómica masculina, disputada nun pavillón de Tarrío con moi boa afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *