Saltar ao contido

PASO DE XIGANTE DO BM.CULLEREDO SWEEPEND PARA PROCLAMARSE CAMPIÓN GALEGO

Dobre xornada esta pasada fin de semana para o BM.Culleredo Sweepend e dúas vitorias que lle achegan ao título de campión galego.
Se o Sábado os de Culleredo vencían pola mínimo a un rival directo como o Grupo Lemaco Xiria "A", nun partido vibrante e con moito ritmo, o Domingo facía o propio a domicilio ante un Footplus Carballal que se mostrou moi competitivo e sobreexcitado, especialmente no primeiro tempo.
O BM.Culleredo Sweepend comezaría o seu encontro ante o Grupo Lemaco Xiria "A" como un ciclón e obrigaría ao técnico bergantiñán a solicitar o seu primeiro tempo morto ante o 4-1 inicial. Posteriormente, o conxunto de Carballo asentaríase no 40x20 co paso dos minutos, freando esa saída impetuosa do seu rival, aína que estes dominarían con comodidade o primeiro acto con distancias que se movían entre os dous e catro goles, retirándose ao vestiario finalmente cun 21-19 que deixaba todo por dilucidar no segundo tempo.
Na continuación máis do mesmo; as defensas non daban coa tecla para ser regulares e superar aos ataques e os cullerdenses, movéndose con diferenzas cómodas pero nin moito menos definitivas ante un rival que se mantiña competitivo e na loita, ata tal punto que lograba reducir a diferenza á mínima expresión no último minuto. Con posibilidade de conseguir o empate, Dani Periscal gozaba dun último lanzamento dende o extremo, pero o gardameta Marco desbarataba esa opción e daba a vitoria ao seu equipo.
O Domingo, no polideportivo de Carballal e xa coas forzas xustas, o BM.Culleredo finiquitaba a excelente fin de semana nun partido que terminaría por resolver no segundo tempo ante un conxunto, o Footplus Carballlal, que se mostrou moi competitivo ante o líder da táboa.
Desta forma, o BM.Culleredo Sweepend, continua líder invicto e aumenta a diferenza a seis puntos cos seus inmediatos perseguidores, o Grupo Lemaco Xiria "A" E o BM.Cisne, próximo rival dos cullerdenses. En caso de vitoria a próxima semana ante os pontevedreses, o BM.Culleredo Sweepend proclamarase campión galego de forma matemática a falta de 3 xornadas para o final da competición.

BM.CULLEREDO SWEEPEND VS GRUPO LEMACO XIRIA "A":

BM. Culleredo Sweepend: 35 (21+14). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (2), Iago Vázquez, Jaime Serrano, Adrián Veira (4), Iván Sánchez (10), Aaron Blanco (1), Antón Pérez, Samuel Seijas (12), Josemi Martínez (3), Nicolás Casal (2), Alejo Martínez (1), Anxo Negreira.

Grupo Lemaco Xiria “A”: 34 (19+15). Samuel Soneira (P), Antón Pardiñas (P), Brais Suárez (5), Máximo Andrés Díaz (1), Nicolás Cancela (1), Henrique Traba (9), Álvaro García, Diego Mourelle (2), Marcos Suárez (8), Aday Gómez, Simón Viña, Marcos Varela (1), Jorge Rodríguez (2), Daniel Periscal (5).

Parciais cada 5´: 5-2 / 9-7 / 12-10 / 15-14 / 20-17 / 21-19 / Descanso / 25-23 / 29-26 / 32-28 / 34-30 / 35-31 / 35-34 / Final.

Colexiados: Andrea Martínez.

Incidencias: Xornada Nºº14 na Liga Ouro en categoría cadete masculino e derbi provincial vibrante o vivido en Culleredo. Encontro disputado no pavillón de Almeiras con cheo absoluto nas bancadas, tanto siareiros de Xiria como do BM.Culleredo. Moi bo ambiente de balonmán e excelente comportamento das dúas aficións.

FOOTPLUS CARBALLAL VS BM.CULLEREDO SWEEPEND:

Footplus Carballal: 2(12+12). Hugo Carreira, Adrián González (1), Nicolás Vila, Manuel García, Xoel Malfaz (2), Laro García, Anxo Barciela (6), Víctor Rodríguez (1), Iago Castro (2), Carlos Barciela (1), Bruno Pérez (1), Xavier Barreiro, Yago López (10), Xurxo Otero (1), Blas Silva (1).

BM. Culleredo Sweepend: 36 (17+19). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (2), Aarón Blanco, Hugo Rodríguez, Roi Fdez, Jaime Serrano (2), Adrián Veira (1), Iván Sánchez (3), Antón Pérez (3), Samuel Seijas (6), Josemi Martínez (5), Nicolás Casal (3), Alejo Martínez (11).

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-6 / 7-8 / 10-9 / 14-9 / 17-12 / Descanso / 18-14 / 22-17 / 26-19 / 29-20 / 34-23 / 36-24 / Final.

Colexiados: Sergio Murillo e Ainhoa Rodríguez.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada 13 da Liga Ouro na categoría cadete masculino. Partido disputado no municipal de Carballal con moito público nas bancadas, tanto siareiros locales como desprazados de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *