Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO COMPITE A INTRES PERO NON PODE COA SUPERIORIDADE E EXPERIENCIA DO BM.LANZAROTE

Enlace Do Partido: https://youtu.be/27WJeLSiWyI

Saíu batallador o BM.Culleredo ante o colíder, con gañas de mellorar as sensacións das últimas xornadas. iniciou o encontro sen complexos ante un dos favoritos ao título e mantivo o pulso a pesar das diferenzas físicas e de experiencia. Os primeiros minutos foron igualados, cos ataques superando ambas as retagardas, pero os visitantes conseguirían dar un pequeno estirón ao paso polo ecuador, aproveitando as rápidas transicións para establecer cómodas diferenzas de catro goles que ao finalizar o primeiro acto ampliaríase a cinco (11-16). O BM.Culleredo estaba en partido, pero cinco goles ante un gran equipo como o BM.Lanzarote requiría uns segundos trinta minutos perfectos se se marcaba como obxectivo a remontada. As baixas de Nuno e Nico por lesión non axudaban, xa que o equipo quedaba minguado de forma importante na súa primeira liña e nas rotacións. Con todo, o BM.Culleredo estaba polo labor de mellorar as súas sensacións competitivas no xogo e entraría no segundo acto coa mesma tenacidade que ao comezo do encontro. cinco minutos iniciais nos que os cullerdenses volverían presentar batalla con parcial igualado, aínda que sen poder reducir a distancia ante as dificultades defensivas que se atopaban fronte á poderosa primeira liña insular. O paso dos minutos terminaría por reducir as esperanzas do equipo de Culleredo, a medida que vía como o aspecto físico e de desgaste sumaba a favor dos visitantes, que cun parcial de 1-5, alcanzaban a máxima diferenza cando se chegaba ao minuto corenta (14-24). O domino estableceríase entón ao redor dos dez e doce goles para os lanzaroteños. Nun exercicio competitivo notable e cando o partido estaba decantado para os foraneos salvo viro radical pouco probable, o BM.Culleredo lograría devolver o parcial de 5-1 ao seu rival. Sería nos últimos cinco minutos do encontro e grazas ao cal a diferenza final reduciríase ata ese marcador definitivo (28-35), deixando un mellor sabor de boca pola capacidade de non derrubarse ante un partido que xa se vía decantado para o conxunto insular. Lamentar a lesión de Nuno e Oscar, este último no quecemento, que esperemos poidan estar recuperados no menor tempo posible, ao igual que os seus compañeiros Marco García e Adrián Díaz, xa na súa terceira semana de baixa.

BM. Culleredo: 26 (11+15). Marco González (p), Jorge López (p), Oscar Bello, Hugo Bermúdez, Roi Fdez (1), Roi García (3), Iván Sánchez (3), Hugo Bregua (3), Alexis Martínez (1), Adrián Veira (2), Josemi Martínez, Nicolás Casal, Nuno Loxo (3), Teo Gómez (7), Marcos Regueiro (3), Alejo Martínez.

BM.Lanzarote Ciudad De Arrecife: 34 (16+18).  Rafael Robayna (6), Joel José Peraza (3), Tomás RafaelOliveira (6), Acoidán Martín (3), Abián Martín (5), Javier Aragón, Saúl Rodríguez, Aday González (6), Alex Pazos (1), Pedro Santiago Noda (1), Carlos Robles (3), Ibrahim Sambe.

Parciais cada 5 ́: 4-4 / 5-6 / 6-9 / 8-12 / 10-14 / 11-16 / Descanso / 13-19 / 14-24 / 16-27 / 18-30 / 21-33 / 26-34 / Final.

Colexiados: Santiago Piñera e Jorge Muras.

Incidencias: 10ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. O encontro tivo que trasladarse ao polideportivo de Almeiras, xa que o municipal de Tarrío presentaba varias zonas con goteiras na pista de xogo que facían imposible a practica do balonmán por riesgo de lesión dos participantes. .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *