Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 30.11.25

SENIOR

O Bm Culleredo, afronta nesta última fin de semana de novembro a visita do segundo clasificado, o Balonmano Ingenio, nun momento doce, despois de dúas vitorias consecutivas e doce puntos que colocan ao equipo na zona tranquila da táboa clasificatoria, a seis do seu rival. A boa dinámica transmite seguridade ao equipo e a confianza de que pode competir cos conxuntos máis fortes da categoría, especialmente cando se actúa como local.

Por todo iso, o Bm Culleredo está moi ilusionado por conseguir estes dous puntos ante o equipo canario, que lles darían a posibilidade de continuar escalando posicións. O encontro disputarase o sábado ás 19:30h no Municipal de Tarrío.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

Derbi provincial no que o Fisioterapia Benestar quere seguir coa boa racha ante o Brigantium para manter o liderato. Non será doado xa que o equipo coruñes é un rival duro e poñerá as cousas moi difícil polo que o plantexamento defensivo será decisivo de cara ao resultado final.

O líder quere impoñer o seu ritmo de xogo dende o inicio, mantedo o ritmo alto , con transicións e moito xogo colectivo.

CF - SUTENOR

O Sutenor visita un clásico do balonmán galego , o Balonmán Lalín que está a ter un inicio moi regular froito do traballo diario .O Sutenor quere encontrarse por primeira vez este ano cunha victoria fora da casa para poder seguir coa boa dinámica e seguir apostando por un xogo organizado e disciplinado . O traballo semanal estivo marcado pola fase defensiva que quizáis será unhas das fases máis importantes do xogo se o Sutenor quere volver a casa coa mochila chea.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Derradeira xornada desta primeira fase para o Cristalería Gestal que buscará pechar cunha nova vitoria ante un forte Xiria. Os de Carballo non o porán doado, xa que precisan gañar se queren ter opcións de acadalo 1° posto!

CF - CANOSA ABOGACÍA

Último partido desta primeira fase para as cadetes do Canosa Abogacía que loitarán polo primeiro posto ante o Xiria. Non será un partido fácil e será moi importante a actitude das nosas rapazas tanto a nivel defensivo como ofensivo en todo momento, tratando de dominar e controlar o ritmo do xogo.

IM - ARES Y FUERTES

Difícil desprazamento para os nosos, que tras 2 derrotas consecutivas buscan romper esa mala racha e poder volver a engancharse á parte alta da clasificación. A solidaridade defensiva e a disciplina ofensiva serán imprescindibles se queremos sumar 2 novos puntos.

IF - REMAX RIAZOR

As nosas miniguerreiras loitarán por reecontrarse cunha nova victoria nun campionato que está a ser moi compricado para calquer equipo . Sabemos que se o Remax Riazor quere puntuar fora da casa , ten que estar concentrado os 50 minuto de xogo para poder loitar ata o final os 2 puntos . O equipo cada vez está máis concienciado do que poden realizar cada fin de semana e iso e moi importante para poder levar a cabo o plan de partido e o modelo de xogo .

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Pechan a 1° fase de competición os nosos ante os veciños de Carballo. Os nosos queren seguir amosando o que están a crecer e de seguro que farán un bo encontro.

FORZA CULLE!!

Un comentario en “PREVIA DA XORNADA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *