Saltar ao contido

VICTORIA PERO IRREGULAR ENCONTRO DO DESPREOCUPATE.ES

O Despreocúpate.es enfrontábase ao Sedona , o último clasificado da liga regular. A priori esperábase un encontro máis desigiualado a prol do equipo cullerdense, pero isto e deporte, e calquiera cousa pode pasar.

Nos primeiros compases o encontro estivo marcado pola superioridade do Despreocúpate.es , primeiro na fase defensiva o equipo estaba sendo sólido na parte central e isto da pé a contrataques por parte do equipo cullerdense. A consecuencia era de 12-4 no marcador una ventaxa amplia , pero que co paso dos minutos da primeira parte esta ventaxa desvaneciase pouco a pouco primeiro pola falta de acerto nos lanzamentos en contrataques o no ataque estático , e por falta de concentración na fase defensiva onde os lanzametos exteriores e os balóns filtrados ao pivote na liña de 6 metros, facian chegar o descanso un resultado moi igualado . Resultado ao descanso Bm Culleredo Despreocúpate.es 15- Sedona 14.

Na segunda metade nos primeiros 3 minutos o equipo cullerdense consegueu un parcial de 4-0 , onde parecía que volvíase a unha liña máis regular pero só durou o que durou , a dinámica non era regular. Na fase defensiva non se conseguía axustar certos patróns nas distancias defensivas e na fase ofensiva a presión do avanzado facía dividir ao equipo e as acción rápìdas e individuáis estaban a lastrar ao equipo cullerdense e beneficiar ao Sedona. Na parte final do encontro o equipo estivo algo máis sólido e motivado para poder conseguer a victoria e así foi . A Victoria e os dous puntos quedan en Tarrío pero non con boas sensación a nivel colectivo .

Toca seguir trabllando por semana para poder conseguir esa solidez e regularidad que necesita este equipo.

Forza Culle.

Resultado final: Bm Culleredo Despreocupate.es 30 - Bm Sedona 26

Balonmán Culleredo Despreocupate.es:30(15+15): Rubén Gantes, Adrián López, Bruno Pardo, Nicolás Diaz, Xoel Insua, Diego del Río, Mateo Pérez, Antón Pérez, Lucas López, Iago Vázquez, Jairo Miguez, Juan Francisco Pazos, Álvaro Siso.

6 do Nadal O Kraken 26(14+12): Victor Castro, Anxo Perez, Diego Fandiño, Daniel Sobrino, Iago Camean, Alejandro Gonzalez, Ignacio Gomez, David Alvarez, VIctor Carou, Daniel Iglesias

Parciales cada 5`:2-2/6-4/12-4/13-9/14-10/15-14/descanso/21-15/22-19/23-21/24-23/28-26/30-26

Árbitros: Xoán Bello, Victor Pérez

Incidencias: Xornada 14 da liga prata xuvenil masculina grupo B , disputado no pavillón municipal de Tarrío.

Un comentario en “VICTORIA PERO IRREGULAR ENCONTRO DO DESPREOCUPATE.ES

  1. Antonio Sanjurjo

    Seguramente si se les dedicase la misma atención a estos chicos que la que se le dedica al equipo de liga oro los resultados serían muy distintos, porque se ve mucho potencial desaprovechado, y chavales que se van desenganchando y lo van dejando. Una pena.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *