Saltar ao contido

...continúa lendo "OS VALORES E O SENTIMENTO DE EQUIPO DO SUTENOR SUPERAN AS DERROTAS NO SECTOR NACIONAL"

...continúa lendo "O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES PON O BROCHE Á COPA FEDERACIÓN COMO LÍDER DO SEU GRUPO"

...continúa lendo "O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES FIRMA UN BO INTERSECTOR NACIONAL E QUEDA ÁS PORTAS DO TOP 8"

O Remax Riazor afontaba un novo encontro , esta vez ante o Ribeira , onde as nosas saian cunha defensa 3:3 para poder reactivarse despois dunha semana de traballo onde o desmarque de balón, as interceptacións, e as transicións foron os protagonistas. O equipo non saiu o 100% e iso o pagou , o Ribeira con máis intensidade conseguía o gol grazas a movilidade e versatilidade das xogadoras en ataque, mentres na defensa o Remax Riazor non podía frear o ataque visitante, a defensa estaba moi aberta e pouco móvil, iso daba ventaxa sempre ao equipo local que tiña máis coraxe para penetrar a defensa local .

Na fase ofensiva, o Remax Riazor , estaba moi estático , sen anticipación e lectura de xogo , a defensa visitante moi intensa freaba con golpes francos o ataque local , que non tiña conitnuidade, quizáis faltaba velocidade na circulación de balón. Isto beneficiaba ao equipo visitante que estaba moito máis entonado.

Na segunda metade no comezo prácticamente o encontro seguiu coa mesma tónica, un Ribeira con moita máis chispa encadeaba boas accións de xogo colectivo no ataque provocando incertidumbre na defensa cullerdense , e na fase defensiva moita intensidade e coraxe para frear o ataque local .

Un ataque local que co paso dos minutos comezou a funcionar levemente para poder contrarestar a defensa colectiva do Ribeira. O ataque encontraba o éxito nas zonas exteriores , ainda que con algún lanzamento fallido , pero é parte do xogo , pode haber situación correctas que poden ser fallidas, pero son situacións correctas. Na parte final do encontro , amousose detalles dun cambio defensivo sobretodo por intesidade, isto daba para recuperar 2-3 balóns e poder acercarse un pouquiño máis ao rival . Pero a diferencia era moi longa e o encontro xa lle quedaba pouquiño para finalizar.

Resultado final : Bm Culleredo Remax Riazor 18 - Bm Ribeira 24

Máis alá do marcador, o partido deixou claro que o camiño pasa por recuperar a intensidade, o coraxe e a actitude nos pequenos detalles do xogo.

Estas experiencias tamén forman parte da aprendizaxe deportiva nestas idades. O equipo sabe que competir non é só acertar, senón tamén seguir intentándoo, axudarse entre compañeiras e non baixar os brazos nos momentos difíciles. Con traballo e unión, as xogadoras seguirán medrando e dando pasos adiante.

Bm Culleredo Remax Riazor : Aldara Allegue, Mariña Garaboa, Candela Tizón, Olivia Pan , Salma Martinez, Aroa Bestilleiro, Andrea Muñoz,Sabela Lamas, Uxía Seoane, Elena Aneiros, Daniela Manteiga.

Bm Ribeira: Carmen Duarte, Arame Ndiaye, Maria Fernández, Andrea Dios, Julia Pérez, Noa Teira, Sablea Iglesias, Ana García, Carlota Luaces, Olaya Vilariño, Sabela Carou

Árbitros: Paula Peteiro y Noelia Gregori

Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación disputado no pavillón de Almeiras.

...continúa lendo "UN BM.CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL PLAGADO DE BAIXAS, CONSEGUE A SEGUNDA PRAZA A PESARES DA DERROTA"