Saltar ao contido

Un Carballal moi superior derrota o Nosolomadera

o Nosolomadera non puido reflexar a súa regularidade nesta ocasión ante un Carballal que apenas baixa o listón neste campionato ligueiro.

Comexaba o encontro con dominio do Carballal ,un ataque que nos superaba en forza e velocidade, onde o equipo na fase defensiva estaba moi aberto e non era capaz de frear o equipo local .

Os continuos 1x1 do equipo local estaban a facer mella na defensa do Nosolomadera que non conseguia dar coa tecra para poder doblegar o Carballal.

Na fase ofensiva o equipo no comezo estivo moi dubitativo , non era vertical e perdianse balóns que propiciaban contras do equipo local .Nesta ocasión a porteria cullerdense non estivo acertada para axudar coma de costume a defensa do Nosolomadera que por consecuencia o encontro iase o descanso cun 20-11 no marcador onde reflexaba unha superioridade do equipo vigués.

A segunda metade tivo moito reflexo como na primeira parte, o Carballal estivo moi entonado na fase ofensiva marcando goles dende 10 metros , 8,e 6 metros. O Nosolomadera estaba sendo superando na fase defensiva continuamente pese o cambio do sistema sa 3:3 , que ainda asi foi capaz de roubar balóns e provocar algún error o equipo local . Na fase ofensiva o equipo esta vez si respondeu moi ben , as transformacións de primeira liña estaban funcionando e por momentos o balón volaba para poder ecnontrar o gol .

O Nosolomadera viuse superado nesta ocasión sobretodo na fase defensiva , queda moito camiño aún, o equipo respondeu competitivamente na segunda metade e hay que estar contento co paso adiante que están a facer moitos xogadores .

RESULTADO FINAL : A.D CARBALLAL: 39- BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 27.

Forza Culle.

A.D CARBALLAL: Hugo Carreira(p), Manuel Garcia (3),Yoel Eiro(1),Xose Fortes(1), Carlos Barciela(2), Andrés Rodirguez(1),Xurxo Otero(14), Adrián Gonzalez(8),Xabier Gallego(6),Renzo Toschi.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA: Hugo Garcia(p), Jorge Amor(p),Hugo Bregua (2), Adrián Aneiros(1),Xoán Canedo(7),Alexis Martinez(4),Jairo Candamio (5), Diego Rodriguez(1), Alejandro Soto(1), Teo Gómez(6), Hugo Bermúdez.

PARCIALES CADA 5`: 1-3/2-5/5-10/7-15/11-20/13-24/16-27/20-32/22-35/27-39.

ARBITRO: Sergio Murillo

INCIDENCIAS: Partido aprazado da xornada 12 , disputado no Pavillón de Loureiro Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *