
O BM.Culleredo Despreocúpate.es afrontaba na matinal do Domingo o último encontro da Fase De Clasificación Liga Prata (Grupo B) e facíao coa obriga de conseguir polo menos un punto para terminar como líder do seu grupo. O derbi ante o Línea 21 pronto comezaría a decantarse para os cullerdenses que non deron lugar á sorpresa desde o inicio, traballando con seriedade e concentración en todas as fases do xogo. Cun 1-5 de parcial nos primeiros 5´, o BM.Culleredo Despreocúpate.es evidenciaba o desexo polos dous puntos en xogo e adquiría a primeira vantaxe cómoda para disipar as posibles dúbidas que se puidesen expor. Desde unha retagarda sólida liderada desde a portería por Xurxo, o conxunto de Culleredo tomaría distancia e conseguiría unha renda moi zumarenta cando se chegaba ao tempo de descanso (14-29). Co partido moi encarrilado, os cullerdenses sabían que debían de rematar a faena e, por iso, non deron lugar a un exceso de confianza na continuación. Controlando o ritmo que máis lles conviña e os tempos, o conxunto de Culleredo non daría opción de achegamento ao seu rival e remataría con eses dous importantes puntos no peto que lle dan o liderato, destacándose ademáis como equipo invicto nesta fase.
BM.Línea 21 Restaurante Cho: 40 (14+26). Thiago Gómez, Artai Balsa, Mario Rial, Román Fandiño, Alejandro Lorenzo, Daniel Lago, Nicolás Suárez, Xavi Freire, Luis Henrique Paiva, Manuel Amigo, Rubén Soto, Gonzálo García.
BM.Culleredo Despreocúpate.es: 54 (29+25). Xurxo Méndez (p), Jorge García Serantes(p), Fran Hermo (p), Jorge García García, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Hugo Jiménez, Nicolás González, Iker Cacheiro, Pablo Cacheiro, Jacobo Soto, Mario Prada, Roi Romero, Oliver Borrazás.
Parciais cada 5´: 1-5 / 4-11 / 9-15 / 10-21 / 13-27 / 14-29 / Descanso / 18-32 / 22-36 / 26-39 / 32-44 / 38-49 / 40-54 / Final.
Colexiado: Pablo Torreiro e Segundo Suárez.
Incidencias: Derradeira xornada na Clasificación a liga Prata (Grupo B). Partido entre os equipos de Culleredo e Línea 21 no que sería un novo derbi. Encontro disputado nun polideportivo de San Francisco Javier con boa entrada.
