Saltar ao contido

A CONSTANCIA DA O TRIUNFO O SUTENOR

O Balonmán Culleredo Sutenor consegue 2 puntos nunha pista moi compricada como é a do Balonmán Lalín que non puxo as cousas nada doadas ao equipo cullerdense.

Un partido igualado onde o Bm Lalín saia cunha defensa 6:0 pero con moita profundidade, isto provocaba moitas dudas ao ataque cullerdense que estaba parado , e só con accións individuais sobrepasaba a defensa lalinense.

Por parte do Sutenor a defensa 3:3 estaba a ter o seu éxito , xa que provocaba diferentes situacións ilegais de ciclos de pasos por parte do Lalín que o aproveitaba o equipo cullerdense para recuperar o balón. Ainda así o Lalín estaba por enriba no marcador , as situación de xogo de 2x2 preto da liña de 6 metros estaban a provocar dudas na defensa cullerdense que pouco a pouco controlaría este tipo de situacións.

O descanso 12-12 no marcador.

Na segunda metade todo seguiu igual nos primeiros compases, unha defensa cullerdense moi presionante recuperando balóns pero con irregularidades na fase ofensiva , e un Lalín moi vertical en accións de 2x2 ou 1x1 na zona central .

Co paso dos minutos o nivel defensivo do Sutenor ainda creceu máis e en consecuencia deulle un empuxón o encontro para poñerse 2 goles enriba no minuto 15 da segunda metade. Isto deu máis tranquilidade ao xogo ofensivo , e deu un plus a nivel defensivo xa que nos ultimo 10 minutos só se encaixaron 5 goles. Isto foi unha das craves do encontro , nesta fase final do partido ter un bó nivel defensivo e salientable para poder levarse os dous puntos. Outra das craves foi a eficacia nos lanzamentos dende os extremos e a aparición dos pivotes a nivel ofensivo onde tamén , ese éxito no lanzamento ou provando situacións de 7metros daban unha ventaxa xa inalcanzable para o equipo local .

Partido irregular do Sutenor pero que con moito traballo e humildade sacan os dous puntos nunha pista onde os equipo sufren para poder puntuar . Un paso maís hacia adiante competitivamente para este grupo que a palaba regularidade pode reflexar a imaxe deste grupo , a regularidade da asistencia nos adestramentos , a regularidade no comportamento , a regularidade no compromiso todo isto está sindo a esencia deste grupo .

Forza Culle.

RESULTADO FINAL : BM LALÍN 25- BM CULLEREDO SUTENOR 30.

BM LALÍN: Carmen Vázquez, Iria González,Celia Vázquez, Martina Varela, Sofía Taboada, Candela Gutierrez,Claudia Munin, Fátima Batán, Ana Taboada, Ariana González, Daniela Pérez.

BM CULLEREDO SUTENOR: Sara Fernández, Eva Outón, Alba Fernández, Thais Villaverde, Lola Romero , Noa Otón, Helena Portas , Sara Villar, Rosalia Veiga, Claudia Soto, Celia González,María Otero.

PARCIALES CADA 5`: 3-3/5-5/8-7/10-11/12-12(descanso)/15-15/17-18/20-22/24-27/25-30.

ÁRBITROS: Martín Rodriguez, Tomás Villarroel

INCIDENCIAS: Xornada 10 da liga infantil femenino Oro. Encontro disputado no Pabillón municipal de Lalín.

Un comentario en “A CONSTANCIA DA O TRIUNFO O SUTENOR

  1. Pedro Fernández

    Las niñas son un reflejo del magnífico trabajo de los entrenadores y del club, Ni más ni menos. Como padre solo puedo dar las gracias.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *