Saltar ao contido

Derrota do Climanosa na súa visita a Lugo

Desprazábase o sábado de mañá o Climanosa a desputar un moi difícil encontro a terras lucenses, tendo como rival ao favorito da Liga Prata infantil masculina, o CP Lucense.

A extrema dificultade do partido xunto ás baixas do equipo fíxose ver rápidamente no inicio do encontro, encaixando un parcial de 5-0 nos primeiros 5 minutos. Buscarían reaccionar os nosos, pero a compacta defensa rival e os acertos do seu porteiro cerraríannos por completo o camiño ao gol, marcando soamente 2 goles nos primeiros 15 minutos de xogo.

Irían mellorando os nosos e atopando o camiño á portería rival, pero os acertos do seu porteiro seguían a negarnos o premio en ataque. Con esta dinámica o Lucense conseguía marcar gol con facilidade ao contraataque e cos potentes lanzamentos exteriores de Lucas.

Non cambiaría nada na segunda parte, con un Climanosa que se vía continuamente superado pola superioridade dos Lucenses, pero que nunca se rendía a pesares disto. Veríamos eso sí unha pequena mellora defensiva, que nos permitía encaixar 6 goles menos que na primeira metade e cerralo encontro cun resultado moi abultado, pero con boas sensacións.

CP Lucense: 38 (22+16) Daniel (P), Lucas (11), Álvaro, Martín (4), Adrián (7), David, Santiago, Víctor, Brayan (3), Alejandro, Iván (11), André (2).

Bm Culleredo Climanosa: 13 (7+6) Mateo (P), Antón, Alejandro (3), Pablo (2), Isaac, Martín (1), Xoel, Guillermo, Mauro (3), Javier (3), Jacobo Soto (1).

Resultado cada 5 minutos:  5-0 / 9-1 / 13-2 / 17-4 / 22-7 / DESCANSO / 26-9 / 29-10 / 31-10 / 34-13 / 38-13 / FINAL

Árbitro: Marta López Rodríguez.

Incidencias: Partido correspondente á 4ª xornada do grupo polo título da Liga Prata infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *