Saltar ao contido

O BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS SENTENCIOU Ó BM AROUSA DENDE O INICIO DO ENCONTRO

O equipo do Culleredo faise cunha victoria contudente en Almeiras.

O Bm Culleredo Baía Edicións cerra na tarde do domingo, unha cómoda victoria fronte o Bm Arousa (29-17). O encontro quedaba prácticamente decidido ó descanso, o que deixaba os dous puntos en Culleredo fronte a súa afición.

Os primeiros parciais do encontro eran para o Culleredo, que dende o inicio impoñía seu ritmo rápido de xogo e acomodábase na pista, indo prácticamente todo o partido por diante no marcador.

O ritmo de xogo provocaba en ámbolos equipos errores en ataque pero,as de Arousa sabían aproveitalos  mellor e intentaban aproximarse no electrónico.

Xa na segunda metade, as de Arousa non conseguían convertir a súas xogadas e o Culleredo usaba ises fallos do rival para ampliar cada vez máis a diferenza no marcador. Unha segunda parte na que o equipo cullerdense, moi superior, non deixaba lugar a unha remontada do equipo de Arousa. Así pasaban os minutos ata o resultado final (29-17).

BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS 29 (17+23): Carla Bello López (9), Marina Rodríguez Fernández (6), Carla Muiño Cancela (3), Aitana Tasende Domínguez (2), Aroa Barbeito Casas, María Bescansa Alcoba (6), Sofía Gerpe Insua (3), Noa Insua Gómez, Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vázquez, Aroa García Pena, Paula Vidal Rouco

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 17 (10+7): Iria Muñiz Vidal (4), Ana Laura Carriel De Paula, Carmen Vila Tarrio (1), Iria Rodríguez Iglesias (4), Marta Rodríguez Barros (2), Lucia Rey Tobio (3), Julia Tubio Arias (3), Laura Moledo Bao

Parcial cada 5 minutos:4-1/8-4/11-5/14-7/15-9/17-10 Descanso 19-11/21-14/23-14/26-15/29-16/29-17 Final

Colexiados: Jose Miguel Martínez Fiuza E Marcos Pombal Martínez. Excluiron dous minutos a Iria Muñiz,Carmen Vila e catro minutos a Iria Rodríguez polo equipo visitante

Incidencias: 15ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras.Con 50 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BALONMÁN MOAÑA - ASMUBAL MEAÑO 33-31

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - BM CASELAS 53-18

CORETI LALÍN - AACLINIC BM PABELLÓN 36-25

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE - BALONMANO PORRIÑO "B" 27-28

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *