Saltar ao contido

VITORIA CONVINCENTE DO BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING PARA CONTINUAR NO “PODIUM”.

Enlace Do Partido: https://youtu.be/6d1sgTp2hLc

O BM.Culleredo Galaico Caravaning liquidou con éxito e convicción o complicado enfrontamento ante o BM.Línea 21 e fíxoo sobre todo consolidando un resultado cómodo nos primeiros trinta minutos. Sabedores do carácter especial dun derbi e das altas prestacións do rival, especialmente cando actúan como conxunto locatario, os cullerdenses saltaron ao 40x20 do pavillón San Francisco Javier serios e concentrados, logrando unha diferenza moi zumarenta nos primeiros dez minutos de xogo que obrigaba ao conxunto coruñes a solicitar o seu primeiro tempo morto (1-8). Apoiados na súa retagarda e aproveitando algúns erros non forzados do seu rival, o equipo de Culleredo mostraríase moi contundente nas transicións, obtendo un resultado que deixaba moi encarrilado o encontro no tempo de descanso (12-22). Non había lugar á relaxación e o BM.Culleredo Galaico Caravaning debía de manter a intensidade para non permitir que o BM.Línea 21 se achegase no marcador. Os primeiros minutos foron claves para o devir do segundo acto e vendo que o BM.Culleredo Galaico Caravaning controlaba a situación por completo e mesmo aumentaba a diferenza ata os trece goles (16-29), o obxectivo estaba moi preto. Nos últimos dez minutos e xa co encontro resolvido ao seu favor (19-32), os cullerdenses baixaron o ritmo, aumentaron as rotacións e xestionáronse os descansos de xogadores con máis carga ou que tiveran unha sema máis complicada por doenzas ou enfermidade. Todo iso levo a uns minutos finais onde o BM.Línea 21 aproveitaría para reducir as diferenzas ata ese 28-35 final. Deste xeito, o BM.Culleredo Galaico Caravaning mantéñase na terceira posición da táboa, seguindo de preto a primeiro e segundo clasificado.

BM.Línea 21 Fixman Noroeste S.L: 28 (12+16). Mateo Curto, Javier orge, Mateo Couce, Aitor Vidal, Nicolás Gamas, Miguel Montesino, Brais Garrido, Miguel Álvarez, Daniel Domínguez, Iago Muiño, Alejandro Vilariño, Manuel Caamaño, Martín Cardenas, Malick Costoya, Javier Bra.

BM.Culleredo Galaico Caravaning: 35 (22+13). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Xurxo Méndez (p), Hugo Bregua, Adrián Aneiros, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Gantes, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Teo Gómez, Guillermo Blanco, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez.

Parciais cada 5´: 1-3 / 1-8 / 4-11 / 6-15 / 9-19 / 12-22 / DESCANSO / 14-25 / 15-27 / 16-29 / 19-32 / 23-34 / 28-35 / FINAL

Árbitros: Pablo Torreiro e Segundo Suárez.

Incidencias: Partido da 8ª xornada na Liga Ouro Xuvenil Masculina. Encontro disputado no pavillón San Francisco Javier da Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *