Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO NOSOLOMADERA, LOGRA UNHA AMPLA VITORIA E CONTINUA COA SÚA LIÑA ASCENDENTE

O BM.Culleredo Nosolomadera, conseguíu unha importante e ampla vitoria o pasado sábado ante o Garaysa Xiria de Carballo e, desta forma, continua inmerso nunha liña moi positiva e ascendente que o referenda na cuarta posición da táboa a só tres puntos do terceiro posto.
Os cullerdenses saíron ao 40x20 do polideportivo de Almeiras moi concienciados polo que había en xogo e desde a parcela defensiva, funcionando cunha intensidade e concentración sobresaintes, pronto comezaron a establecer unhas diferenzas cómodas que marcarían o devir do encontro. Co parcial de 4-1 no minuto 10, os visitantes veríanse na obriga de solicitar o seu primeiro tempo morto co obxectivo de cambiar a dinámica no xogo, pero as novas instruccións non producirían efecto ante un conxunto, o de Culleredo, que dominaría todas as fases do xogo para retirarse ao vestiario no tempo de descanso cun 15-7 que achandaba moito o camiño cara á continuación.
No segundo acto, o BM.Culleredo Nosolomadera non se deixaría sorprender polo conxunto de Carballo e, aproveitando o bo funcionamento da sua defensa 5:1, terminaría por romper o envite e conseguir unha vitoria ampla e solvente que lle reafirma nos postos altos da táboa de clasificación.

BM CULLEREDO NOSOLOMADERA 33 (15+18): Hugo Garcia (P), Jorge Amor (P), Adrián Aneiros (1),Xoán Canedo (5), Jairo Candamio(8), Hugo Bermúdez (4), Teo Gómez (5), Alexis Martínez (4), Diego Rodríguez (3), Hugo Bregua (3).

E.M BM.XIRIA 18 (7+11): Hector Dubra (P), Iker Lema (P), Hugo Rama, Desale Lopez (8), Iker Lema, Iván Rey (1), Lucas Mateo Fajardo,Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Saúl Fuentefria (9), Álvaro Cotelo, Tomás Añón.

PARCIAIS CADA 5`: 2-1/4-1/8-4/10-7/15-7/ Descanso/20-9/24-11/29-13/31-14/33-18

ÁRBITROS: Andrea Martínez.

INCIDENCIAS: Xornada 14 da liga de Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de Almeiras con moi bo ambiente nas bancadas..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *