Saltar ao contido

O ÓpticaGallaecia cede dous puntos en Almeiras.

O pasado sábado o xuvenil de liga prata recibía no municipal de Almeiras ao Bm Carballal, correspondendo a terceira xornada da segunda fase ligueira.

Os cullerdenses tiñan por diante un partido dificil ante un rival de nivel, polo que ían ter que poñerse o mono de traballo e deixarse a pel nos sesenta minutos de encontro. Os nosos comezaban intensos, cun gran nivel defensivo que lle provocaba constantes erros aos olívicos, provocando así un parcial de 10-4 nos primeros dez minutos de xogo. Os nosos estaban cómodos no 40x20, e esa comodidade derivou na relaxación por creer que o traballo xa estaba feito. Os de Carballal parecía que despertaban e cada vez subían o seu nivel, facéndonos encaixar un parcial nos ultimos dez minutos de 8-4 co que conseguirían darlle a volta ao marcador no final destes primeiros trinta minutos.

Na segunda metade, os nosos foron a remolque os trinta minutos. Sen perder nunca a cara do partido e mantendo a intensidade, fumos capaces de achegarnos no electrónico a tan só un tanto, pero os vigueses non ían regalarnos a victoria tan facilmente. O seu xogo rápido e as súas continuas envestidas, facían moito dano na retagarda cullerdense, e as numerosas perdas de balón que acumulamos por precipitación, pola ansia de darlle a volta ao marcador de novo, lastraríannos ata o final.

Toca recompoñerse desta derrota, o finde que ven viaxaremos a A Cañiza e de novo teremos un rival duro, onde os nosos terán que loitar con garras outra vez, para traer os dous puntos para Culleredo.

Imos Óptica!!!!!! Forza Culle!!!

Culleredo Óptica Gallaecia 31-34 Bm Carballal

GOLES:

Culleredo: Bruno 5, Anxo 5, Lucas 4, Diego Sala 4, Pablo Fariña 3, Xoel 3, Juanfran 2, Félix 2, Pestonit 2, Alvaro Siso 1, Nico Vázquez, Javi, Juanma.

Carballal: Nicolás Docampo 16, Alberto Terleiro 6, Iago García 5, Anxo Barciela 4, Xoel Malfaz 2, Alex Figueroa 1, Martín Rguez, David Glez, Iván Puentes, Isidro David, Elías Silva.

PARCIÁIS:

5-0/ 10-4/ 12-8/ 12-12/ 14-15/ 16-20/ descanso/ 18-22/ 21-24/ 22-25/ 25-30/ 30-33/ 31-34/ final.

ARBITRAXE:

Andrea Martínez.

INCIDENCIAS:

Terceira xornada da segunda fase da liga prata desputada no municipal de Almeiras cun cheo das bancadas por parte de siareiros cullerdenses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *