Saltar ao contido

O Abogacia imponse o Bm Caselas.

O Abogacía Canosa viaxaba ata Salceda de Caselas para enfrontarse ante o último clasificado da liga de Ouro.

O encontro comenzaba con pequenas ventaxas a prol do equipo cullerdense que era capaz de superar sen problemas a defensa 5:1 do equipo local mediante un xogo directo sobretodo encontrando situacións coa pivote Antía Ferreño.

Na fase defensiva co pasos dos minutos o equipo non foi quen de resolver certas situacións que acadan xeralmente en 7metros, ainda asi houbo interceptacións de balón ou pérdidas de balón do equipo local grazas o esforzo defensivo do equipo.

6-10 no descanso un bagaxe curto no eléctronico.

Na reanudación o equipo local saiu máis presionante ofrencendo máis espacios onde o Abogacia Canosa encontraba boas situacións de xogo colectivo ou acción directas de pase e vai , magoa os erros de lanzamento para poder ampliar a ventaxa no marcador. Mentres na fase defensiva da segunda. parte o culle sufria moito en accións de 1x1 con bote onde a defensa non era quen de parar estas accíons que acaban en penetracións ou 7metros a prol do equipo local .

O equipo tiña o control do partido , pero non estaba moi seguro na fase defensiva isto fixo dudas en parte do encontro .

Noraboa pola victoria , hay que seguir traballando para conseguir da un paso máis en aspectos competitivos.

RESULTADO FINAL : BM CASELAS 23- ABOGACIA CANOSA BM CULLEREDO 29.

Forza Culle.

JAVUCHO PUBLICIDADE BM CASELAS: Antía Martinez, Elena Barreiro (2), Hannah Framiñan (1), María Estevez(12), Alba Besada , Lara Ferreira(1), Marta Santamaria(1), Lisbeth Guitana(3), Aitana Fernández(3).

BM CULLEREDO ABOGACIA CANOSA: Sara Fernández(p), Lucia López, Uxía Otón(3), Alicia Pérez (2), Thais Villaverde, Aldara Piñeiro,Claudia Soto(2), Eva Outón(2), Irene Rodriguez(10), Alba Fernández(4), Antía Ferreño(6),Maria Otero.

PARCIALES CADA 5`: 1-3/3-4/6-8/6-10/12-16/13-19/17-21/19-25/23-29

ARBITROS: Yago Alonso.

INCIDENCIAS: Xornada 14 disputada no pavillón municipal de Salceda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *