
PASO DE XIGANTE DO BAÍA EDICIÓNS

As nosas xuvenís do Baía Edicións tiñan este domingo un reto importante de cara seguir sumando obxetivos. Quizáis a comezo da competición non era un obxetivo a curto prazo pero o destino e o traballo fixo que se poida a aspirar a cotas máis altas.
Onte visitabase ao Balonmán Tui o segundo clasificado pero cun partido máis cas nosas, o obxetivo era a victoria para poder seguir con esa loita e poder afianzar a segunda praza que da dereito a fase final de liga Prata.
O encontro comenzou moi irregular para as nosas en todos os aspectos, a nivel defensivo a 5:1 non estaba a ser presionante e iso facilitaba o ataque local con penetracións no lateral o lanzamentos claros da extremo dereito. No ataque as nosas estaban paradas e imprecisas nos pases, a consecuencia foi que no minuto 15 o resultado fora a favor do equipo local por un 7-4 con sensacións malas para o equipo cullerdense.
Despois dun tempo morto e axustar sobretodo o sistema 5:1 o equipo comezou a entonarse pouco a pouco ata chegar a empatar o encontro e poñerse un gol enriba. O equipo cambiou a dinámica en todolos aspectos logrando entrar no encontro como si volvera a comezar.
Resultado ao descanso: Bm Tui 10 - Bm Culleredo Baía Edición 10.
Na segunda metade a igualdade nos primeiros intres foi a tónica , ata que as nosas guerreiras do Baía Edicións decidiron que pola súa. porteria non ía entrar máis goles. 15 minutos estivo o equipo local sen marcar gol , indiscutiblemente a chave do encontro . A 5:1 zona, a 5:1 normal decidiu o encontro a prol das cullerdenses que só tiñan que ter paciencia en ataque e estar minimamente acertadas. Unha serie de accións na fase ofensiva daba ventaxa de ata 2 goles con balón para 3 pero quizáis os pequenos detalles non estiveron con nos que e esa ventaxa non se puido ampliar .
Os últimos ataques dos dous equipos foron contrarestados polas defensas ou porteiras que estiveron moi acertadas. Na última acción o Baía Edicións non quixo tirar todo o esforzo realizado e sacou toda a solidaridade e humildade que ten que ter un equipo para poder ter éxito nesta defensa de partido .
Conseguíase a victoria en Tui , e cun partido menos que elas, as xuvenís dependen de si mesmas para poder acadar a segunda praza no final desta fase. Queda moito aínda e todo poder pasar pero de momento o que pasou foi que hai un grupo de traballo que non da nada por perdido e iso no deporte e ouro. Parabéns pola encontro ainda que hai que ser críticos polo xogo amosado , son dous puntos gañados na pista pero queda moito por diante.
Resultado final: Bm Tui 18- Bm Culleredo Baía Edicións 19
Bm Tui:Melina Rodriguez, Nerea Gonzalez,Naiara lorenzo, Claudia Cruces, Uxía Vidal, Lucía Figueroa,Nuria Castiñeiras, Marta Perez, Africa Rodriguez, Yesica Vaz.
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Sara Fernandez, Paula Peteiro, Antía Ferreño, Rosalia Veiga, Leire Barbeito, Lúa Fernandez, Lucia Cortegoso, Carla Corral, Carla Muiño,Lola Romero, Irene Rodriguez, Claudia Soto.
Parciales cada 5`: 3-1/6-3/7-4/9-10/10-10/12-12/13-14/16-16/17-19/18-19/18-19/
Arbitros: Inocencio Perez y David González
Incidencias: Xornada 8 da liga xuvenil femenina grupo A de liga prata .








