
O BM.Culleredo afrontaba un difícil partido contra o Ancora Carballal de Vigo e necesitaba o triunfo para seguir instalado nos postos altos da táboa e non perder corda cos rivais directos. Despois de pasar cun aprobado o Tourmalet que lles enfrontaba aos catro equipos que en teoría van estar arriba na clasificación, os cullerdenses necesitaban non ceder ante un conxunto que presentou moi boas credenciais, competindo todos os partidos e poñendo en serios aprietos a máis dun deses candidatos. A baixa por enfermidade de Teo Gómez engadía un hándicap para o equipo, tanto na fase defensiva como na ofensiva. Responsabilizado por todo iso, o conxunto cullerdenses saíu ao 40x20 do polideportivo de Almeiras mentalizado, serio e concentrado no seu obxectivo, ofrecendo unhas prestacións moi altas na súa retagarda. Os primeiros trinta minutos movéronse nun toma e daca constante con lixeiro dominio nos parciais por parte dos cullerdenses e un conxunto olívico que respondía cun bo nivel competitivo para ofrecer un primeiro tempo igualado, chegándose ao descanso cunha mínima diferenza para o BM.Culleredo Galaico Caravaning (17-16). Os cullerdeses víronse obrigados a sufrir na continuación e souberono facer, sobrepoñendose a un momento difícil no que os xogadores do Ancora Carballal poñíase por diante, chegando a establecer incluso unha diferenza favorable de dous goles a dez minutos do final (24-26). Cunha crenza e madurez absoluta no xogo, os cullerdenses establecerían un contundente parcial que marcaría o tramo final do encontro e, cando mellor se atopaba o seu rival, lograrían plasmar un 6-1 que volteaba o marcador e outorgáballes unha vantaxe definitiva a cinco minutos do final (30-27). Finalmente, o 33-29 fai posible que estes dous importantísimos puntos queden na casa á espera de poder recuperar efectivos de cara a semana que vén no duro enfrontamento que espera ao equipo ante o BM.Línea 21.
BM.Culleredo Galaico Caravaning: 33 (17+16). Mateo Basanta (P), Jorge Amor (P), Xurxo Méndez (p), Hugo Bregua, Adrián Aneiros, Hugo Fariña, Aitor Fariña, Iván Gantes, Alexis Martínez, Jairo Candamio, Martín Casal, Alejandro Soto, Beltrán González-Camino, Guillermo Blanco, Hugo Bermúdez, Diego Rodríguez.
Ancora Carballal: 29 (16+13). David Álvarez, Teo Méndez, Xosé Fortes, Luis Moreira, Adrián González, Anxo Ogando, Javier García, Carlos Barciela, Miguel Estévez, Adrián Lage, Denis Martínez, Yoel Rodríguez, José Ramón González.
Parciais cada 5´: 1-2 / 4-4 / 7-5 / 10-8 / 14-14 / 17-16 / DESCANSO / 20-18 / 21-22 / 23-24 / 24-26 / 30-27 / 33-29 / FINAL
Árbitros: David Paz.
Incidencias: Partido da 5ª xornada na Liga Ouro Xuvenil Masculina. Encontro disputado nun polideportivo de Almeiras abarrotado de siareiros de ambos os conxuntos e que disfrutaron de un partido emocinante e vibrante até o final.
