Saltar ao contido

UN SUTENOR DE MÁIS A MENOS CAE ANTE O BUEU .

Novo test para o Sutenor, que saíu con moita intensidade e concentración, cunha gran actitude que dicía moito deste plantel. O comezo do encontro estivo competido a un alto nivel ante un dos favoritos do campionato. A agresividade defensiva e a dinámica do grupo estaban a crear problemas ao ataque local, que, aínda así, era capaz de resolver as situacións mediante accións individuais.

Co paso dos minutos, o Sutenor baixou o ritmo defensivo e isto fixo mella no conxunto cullerdense. Porén, seguía a haber moita predisposición e conseguíase provocar perdas de balón no equipo local que aumentaban a confianza das nosas guerreiras.

Na fase ofensiva, malia as dificultades dos minutos iniciais, o equipo estivo moi acertado e disciplinado, e as accións colectivas estaban a dar un resultado positivo. En total, 15 goles na primeira metade e un alto rendemento ofensivo, pero quizais os problemas no repregamento defensivo fixeron demasiado dano. Encaixar 23 goles é moito; debemos estar moito máis activas para poder frear o ataque rival.

Resultado ao descanso: Atlético Bm Bueu 23 – Bm Culleredo Sutenor 15

Na segunda metade, a pouca continuidade no xogo estaba a lastrar o ataque cullerdense, provocando numerosas situacións de contraataque para o equipo local, que aumentaba a distancia unha e outra vez con accións de 1x0. O desgaste no Sutenor era evidente. Aínda así, o equipo mantivo un bo carácter durante todo o encontro e puido finalizalo coa cabeza alta ante un rival que loitará polo título ligueiro.

Sobre todo na segunda metade, o equipo estivo moi lastrado polas situacións de contraataque nas que non se activaba o repregamento defensivo. É unha situación que se adestra continuamente, pero que hai que levar á práctica nestas ocasións. Forma parte da aprendizaxe que debemos interiorizar para poder seguir mellorando.

Boa actitude das nosas ante un gran rival que levou a batuta en todo momento. As nosas fixeron un gran encontro, con aspectos positivos que deben servir de referencia para os seguintes partidos. E a por iso van ir elas.

Resultado o final do encontro: Atlético Bm Bueu 46- Bm Culleredo Sutenor 30

Atlético Bm Bueu : Uxia Sotelo , Paula Sánchez, Clara Torres, Ainhoa Blanco , Ainhoa Piñeiro, Laura Iglesias, Ana Marquez, Alezandra Rios, Laura Iglesias, Julia Gonzalez, Carlota de la Torre.

Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Aldara Allegue, Candela Tizón , Aroa Bestillero, Salma Martinez, Yasmin Gabarri, Noa Alvela, Sara Villar, Emilia de Castro , Sofia Orge , Aitana Gestal ,Noa Otón , Carmen García , Andrea Muñoz y Sabela Lamas.

Arbitros: Daniel Cancelas

Incidencias: 5 xornada da categoría cadete feminino da liga Ouro , disputado no pavillón municipal Pablo Hervello.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *