Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CAE EN GRAN CANARIA DESPOIS DUN SÁBADO ACIAGO

Enlace Do Partido: https://youtu.be/6mmJPtwvpcY

Din que o que mal comenza mal acaba e se nos atemos a como empezou a mañá do pasado Sábado para o BM.Culleredo na súa viaxe á illa de Gran Canaria e o desenvolvemento do mesmo, poderíamos presaxiar que o desenlace do día non ía ser moi positivo precisamente. O equipo xa chegaba minguado a unha das citas máis esixentes da competición e é que tanto Marco García como Adrián Díaz, non conseguían recuperarse das suas respectivas lesións, o que obrigaba a afrontar o envite de Galdar cun plantel moi mermado en canto as rotacións. O resto de contratempos foi unha suma de atrasos, tanto no voo como na empresa de alugueiro dos vehículos que trasladarían ao equipo ao hotel. Isto propiciaría que o conxunto de Culleredo tivese que comer ás 16:30h, hora en que se chegaba ao hotel e, sen apenas descanso, saír para o polideportivo Juan Vega Mateos ás 17.50. Con estes hándicaps e a tamaña esixencia xa de seu á que obrigaba o rival, o partido tivo desde o prinicipio un claro e único dono. As rápidas transicións en primeira onda e contragol por parte de Yanis Ramírez, pronto comezaron a poñer a proba o cansazo acumulado dunha viaxe tediosa que se evidenciaba na deficiencia do balance defensivo. O conxunto de Culleredo aguantaba dez minutos, tempo a partir do cal o MMT Fest Galdar comezaba a abrir distancia no electrónico (9-5). Os claros erros ante a portería rival non axudaban a fortalecer o ánimo dos cullerdenses, máxime cando despois dunha ocasión errada, chegaba a resposta en forma de gol dos galdenses. A medida que o ritmo do encontro aumentaba e o cansazo dos cullerdenses facíao de maneira proporcional, as facilidades que atopaban os locais en todas as fases do xogo eran cada vez maiores para terminar por establecer unha diferenza ao descanso que deixaba virtualmente o partido visto para sentenza (22-10). Nunha segunda parte de mero trámite, onde os locais aproveitaron para realizar rotacións e o ritmo terminaría por reducirse nun partido do todo insulso, o BM.Culleredo aguantaría con tesón o ballón que estaba a caer e os seus xogadores, limitados polo exceso de cansazo e a falta de rotacións, especialmente en primeira liña, terminarían por asumir unha derrota dolorosa para pensar xa na próxima xornada na que actuarán como locais.

MMT FEST Galdar Gran Canaria: 39 (22+17).  Nestor González (1), Joel Pararols (2), Carlos Padrón, Francisco Nicolás Trujillo (5), Magnol Suárez, Hector Ramírez, Cayetano Elías Santiago (3), Carlos Mederos (4), Emiliano Manuel Villaverde (2), Yanis Ramírez (6), Marko Ojeda (1), Ezequiel Conde (4), Yyarón Ramírez (4), Adrián Rivero (4), Carlos Grignani, Álvaro Luis Díaz (3).

BM. Culleredo: 23 (10+13). Jorge López (p), Oscar Bello (p), Josemi Martínez (1), Roi García (3), Iván Sánchez (7), Adrián Veira, Adrián Díaz, Nicolás Casal, Nuno Loxo (7), Marco García, Marcos Regueiro (4), Alejo Martínez (1).

Parciais cada 5 ́: 3-2 / 9-5 / 13-7 / 16-8 / 19-8 / 22-10 / Descanso / 26-12 / 30-14 / 32-16 / 35-20 / 38-22 / 39-23 / Final.

Colexiados: David Candela e Gaspar Cabrero.

Incidencias: 9ª xornada no grupo "A" da 1ª nacional masculina. Partido disputado no pavillón municipal Juan Vega Mateos de Galdar (Gran Canaria)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *