
O sábado o Canosa Abogacia recibía ao Rasoeiro , lider do grupo de cara ao posto 9º-12º , na ida victoria e superioridade do equipo do Grove en practicamente todo o encontro . Pero este encontro sería totalmente diferente. As nosas cullerdenses salían moi enchufadas sobretodo a nivel defensivo onde lograban frear o ataque visitante , primeiro houbo que resolver certas situacións defensivas pero unha vez axustadas o equipo mantivo unha frecha de cara arriba en todala primeira parte. A nivel ofensivo o equipo estaba a responder de maneira moi correcta e decisiva. Un ataque combinativo e rápido estaba a ser un pesadelo para o equipo visitante que non foi capaz de frear o ataque local en ningún momento da primeira metade.
Resultado ao descanso :BM Culleredo Canosa Abogacía 18- BM Rasoeiro 12
Na segunda metade o equipo cullerdense saiu despistado a nivel defensivo e recibiu moitos goles nos primeiros 10 minutos pero outra vez o equipo rectificou os erros e tan só en outros 10 minutos só se recibirían 2 goles. Na fase ofensiva ainda que con algún problema de máis por falta de continuidade de xogo o precisión de lanzamento , o equipo estaba a realizar un bó xogo colectivo basado no modelo de xogo que daballe certas situacións de cara o gol que estaban a ser aproveitadas.
O Canosa Abogacía leva 2 encontros moi regulares ante dos bos equipos, a mellora nestas últimas semanas e presente , agora toca mostrar solidez nesta regularidade a longo prazo.
Resultado final: BM Culleredo Canosa Abogacía 30- El asegurado Enterado BM Rasoerio 26
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Helena Portas Cintia Miguez, Antía García, Martina Arroyo, Sara Villar, Luana Gomez, Eva Outón , Aldara Piñerio, Alba Fernández,Simona Seo, Thais Villaverde.
BM Rasoeiro:Amara Lopez, Norah Gondar, Ainhoa Gondar, Xulia Costas, Carmen Montes, Leticia Lorenzo, Ivana García, Lara Riveiro, Sara Alvarez, Mar Gonzalez.
Parciais cada 5`: 3-2/4-5/7-6/10-9/15-10/18-12/20-15/21-18/23-19/26-20/28-22/30-26
Árbitros: Martina Regueiro y Noelia Mata.
Incidencias: Xornada 5 da segunda fase cadete feminina prata polo posto 9-12.
