
Non puido ser, o Baía Edicións viuse superado polo equipo de Redondela e non puido acceder a Final Four xuvenil feminino.
Comezaba o encontro cun Bm Chapela dominando todas as facetas de xogo , a nivel ofensivo estaba a superar a defensa 6:0 do equipo cullerdense, moita velocidade de balón e e continuidade daba ao Chapela unha boa ventaxa no marcador xa que a nivel defensivo estaba a ser tamén moi superiores , o niveles de forza e a intensidade facía que nublarase a porteria de cara ao equipo cullerdense. Un equipo cullerdense que tivo moitos erros de lanzamento sobre todo nos extremos onde esta vez a efectividade non foi positiva. A metade da primeira parte un cambio radical de sistema defensivo fixo cambiar a dinámica do encontro . O Baía Edicións subía a liña e posicionabase nun sistema 3:3 que provocaba moita duda ao ataque visitante que comezaba a ter imprecisóns e moitas dúbidas, isto facía reaccionar as nosas cullerdense que pese a seguir tendo problemas na fase ofensiva o encontro xa tiña outra cara. Toda a diferencia de forza e peso estabase a equilibrar polas distancias defensivas provocadas pola defensa cullerdense que tan só encaixaba 2 goles non ultimos 13 minutos de xogo .
Resultado ao descanso: BM Culleredo Baía Edicións 5 -Bm Chapela 11
A segunda metade tivo a mesma sintonía, a defensa aberta seguia a ser un estandarte para o equipo local que conseguía roubar certas balóns para chegar en contrataques directos. O xogo en ataque era outro e lograbase boas situacións de lanzamento , pero os erros eran continuos de cara o gol, erros nos 7metros, erros nos contrataques nun 1x0 e continuaron o erros de lanzamento nos extremos. Isto provocaba que non se puidera remontar o encontro xa que na fase defensiva o equipo estaba a ser solido , tan só 12 goles encaixados ante un equipo de liga ouro que puido aspirar a máis esta tempada.
O encontro remataría con victoria visitante onde apenas podese pedir máis as nosas que con moitas baixas e moito cansancio acumulado deron o máximo de si mesmas para poder afrontar un partido de alto nivel coma este.
Noraboa polo encontro e noraboa pola tempada realizada .
Resultado final: Bm Culleredo Baía Edicións 14 - Bm Chapela 23
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Sara Fernández, Leire Barbeito, Lúa Fernández, Paula Peteiro, Carla Muiño, Carla Corral , Antía Ferreño, Irene Rodriguez, Lola Romero, Rosalía Vázquez, Carmela Erias.
BM Chapela:Uxía Rodriguez, Paula Vila, Noa Cusi, Uxía Sotelo, Olaia Dominguez, Paula Rodriguez, Nayra Barciela, Noa Sánchez, Dora Perez, Paula Lopez, Naia Otero, Valeria Chao
Árbitros: Jorge y Victor
Incidencias: Partido de eliminatoria por un posto na Final Four xuvenil feminino, disputado no pabellón municipal Sofía Casanova.
