Saltar ao contido

VICTORIA DO FISIOTERAPIA BENESTAR PARA XOGARSE O TITULO NA CASA

O Fisioterapia Benestar visitaba a difícil pista das Choqueiras en Redondela. Un encontro vital para poder seguir loitando polo titulo ligueiro . As nosas presentabanse cunha defensa 6:0 mentres que o equipo local presentaba un 5:1 que xa no minuto 10 cambiaría a 6:0 .

O encontro estaría moi igualado na primeira metade ainda que o equipo cullerdense colleria unha vantaxe de 2-3 goles que non deixaría escapar nesta metade. Aínda así o Fisioterapia Benestar estaba a ter problemas defensivos , con accións simples de 1x1 mediante bote. Esta situación acrecentouse tras abrir moito a defensa po mor de realizar unha defensa indvidual sobre unha xogadora do equipo local . Ainda así o equipo estaba a ser moi regular a nivel ofensivo e poderíase ir ao descanso scon ventaxa de 2 goles.

Resultado ao descanso: As Choqueiras 14- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 16

Na segunda metade o equipo comezou a imprimir moito máis ritmo e a forzar lanazamentos en zonas pouco eficaces e lograba ser moito máis fiable a nivel defensivo ainda que co algún situación defensiva que non pode ocurrir . A nivel ofensivo o equipo estivo a gran altura , o equipo rival abriuse en defensa mixta e isto favoreceu moito ao ataque cullerdense que aproveitouse destas situacións continuamente. A diferencia xa era moi grande, conseguíanse diferencias de 8 e 9 goles.

Despois desta victoria só queda un encontro para poder lograr o titulo ligueiro de prata, pero hai que ter moita humildade para poder afrontar este encontro . Toca traballar con ilusión esta semana para poder finalizar o obxetivo marcado a principio de ano .

Resultado final: As Choqueiras Tech Clima 30- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 39

As Choqueiras Tech Clima: Candela Iglesias, Dubra Vazquez, Andrea Roza, Hannah Moreira, Irene Castro , Lucia Brioso, Berta Couñago, Sira Alvarez, Sara Iglesias, Cecilia Bouzón, Alba Figueroa, Adriana Bouzón

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Sara Fernández, Alba Fernández, Carmela Erias, Irene Rodriguez, Lola Romero, Rosalia Veiga, Sofia Meijide, Antía Ferreño , Daniela Pérez, María Otero, Noa Otón, Aitana Gestal.

Parciales cada 5`:3-2/55/8-6/10-9/12-12/16-14/21-17/25-19/29-21/32-25/34-26/39-30

Árbitros: Martín Rodriguez y Anxo Barca.

Incidencias: Xornada 5 da liga de prata segunda fase , loita polo titulo , disputado no pabellón das Marismas en Redondela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *