Saltar ao contido

Remate de Liga con vitoria ante o líder da categoría

O Sábado pola mañán , disputouse a derradeira xornada da Liga Prata Xuvenil.Ainda que o resultado do encontro non influiría na clasificación ,puidemos disfrutar dun partido competido entre os 2 primeiros clasificados da categoría .

O encontro comezou con igualdade nunca primeira fase na que os ataques superaban de éxito doado as defensas.Nos derradeiros 10 minutos do 1° acto, o equipo Pontevedrés Collería vantaxe no electrónico e conseguiu chegar ao descanso con vantaxa de 5 goles (13-18).

Na 2° metade o equipo cullerdense,apoiados no tandem defensa - portería  ,  que tantas vitorias nos deron esta tempada ,conseguirían recurtar  a vantaxe en tan so 5 minutos e serían quen de poñerse por encima no electrónico e así dominar a 2° metade.O equipo cisneista  cun plantel curto por mor das lesións de varios xogadores , non foi quen de aguantar o ritmo no tramo final do partido. A vitoria caería do lado cullerdense o que permitiu rematar a  liga cun bo sabor de boca.

BM.Culleredo Galaico Caravaning.31(13+18).Marc,Hugo Diaz,Hugo Rodríguez,Víctor,Jairo,Mateo,Lucas,Roi,Anxo,Fabián,Álvaro,Félix,Pablo e Teo.

Club Cisne Colegio Los Sauces.27(18+9).Anton,Antonio,Javier,Pablo,Román,Pedro,Roque, Iago,Yago,Mateo Monteagudo e Mateo Martínez.

Colexiados:Martina Regueiro e Angel Mateos.

Incidencias:Boa presencia de afeccionados  locais e visitantes ,ambos cun comportamento exemplar nas bancadas do municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *