
Xornada intensa a que se ven, con moitos encontros fronte a rivais do máximo nivel, desprazamentos crave para a loita por seguir avanzando nas competicións e un partido vital como é o xuvenil feminino que loitará por entrar na Final Four!
(IF) TUBASYS XIRIA VS BM CULLEREDO SUTENOR
Última xornada da liga regular infantil feminina, onde as nosas xogarán en Carballo o derbi provincial. Un derbi que o Xiria quere levarse e terminalo campionato cun bo sabor de boca. Por parte do Sutenor, as cullerdenses queren seguir consolidando o bo xogo que están a amosar a nivel xeral neste tramo final ligueiro.
(IM) HOTEL LA RETORAL BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO CLIMANOSA
O Bm Culleredo Climanosa afronta o derradeiro encontro desta dura fase final, nesta ocasión buscará sumar 2 puntos no difícil desprazamento á Cañiza, plaza sempre dura e na que o bo xogo que veñen amosando os nosos se terá que manter durante os 50 min do encontro se queren ter posibilidades.
(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS AS CASIÑAS LUCEROS
O Óptica Gallaecia afronta o derradeiro encontro da Liga Ouro fronte aos xa campións do Luceros. Será un encontro moi complicado, ante un rival que conta os seus partidos por vitorias e que servirá de última proba antes do encontro que nos medirá ao Meaño, campión da Liga Prata e co que loitaremos por unha praza na Final Four!
(CF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS EL ASEGURADO ENTERADO RASOEIRO BM
Primer encontro da segunda volta da segunda fase onde o Canosa Abogacía quere reecontrarse coa vitoria que xa dende a primeira fase non a coñece. O equipo estivo a piques pero os pequenos detalles, que son fundamentais, non acompañaron ás nosas. O Canosa Abogacía quere brindar a súa afección un bo xogo para poder conquistar o encontro e que os dous puntos queden na casa.
(CF) AS CHOQUEIRAS TECH CLIMA VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
Partido crave para as nosas cullerdenses que dependen de si mesmas para poder chegar á última xornada e poder conquistar a Liga Prata. Queda moito e todo se comprica co paso dos encontros, o nivel sube e todo depende de pequenos detalles.
O equipo está concienciado e ilusionado por poder conseguir unha nova vitoria esta fin de semana.
(CM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS PIZZERÍA BARATTO LUCEROS
Última xornada para o BM.Culleredo Despreocúpate.es na Liga Ouro da categoría. Os cullerdenses, cuartos na táboa clasificatoria, reciben ao Pizzería Baratto Luceros, segundos clasificados. Ambos os equipos, xa clasificados para a próxima Final Four, non se xogan nada neste envite, xa que aínda que salgan vitoriosos, ningún pode escalar posicións. Con todo, para o equipo de Culleredo sería moi importante realizar un bo partido, impoñerse a un rival co que se poderá atopar na Final Four e, sobre todo, recuperar sensacións positivas no xogo para esa data. É evidente que, para iso, o conxunto de Culleredo terá que mostrarse moito máis contundente en tarefas defensivas e por tanto reducir o número de goles encaixados. Outro dos puntos para mellorar será o do ataque posicional, onde o equipo se debe de mostrar moito máis disciplinado en canto á orde táctica e ao xogo colectivo. O partido disputarase o Domingo ás 18:00h no polideportivo de Almeiras.
(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BALONMÁN CHAPELA
Encontro da eliminatoria para obtelo pase á Final Four xuvenil feminina.
O rival de liga ouro será o Balonmán Chapela, un equipo que ven de facer unha gran tempada na máxima división galega. O Baía Edicións non ten nada que perder, xa que non son as favoritas así que toda a presión para o equipo de ouro e toda a ilusión para as nosas rapazas cullerdenses que queren buscar unha vitoria antolóxica que as auparía á Final Four.
(SM) LIRÓN TEUCRO 80 ANIVERSARIO VS BM.CULLEREDO
O BM.Culleredo, viaxará ata Pontevedra este próximo Sábado para afrontar o encontro da 25ª xornada ante o Lirón Teucro 80 Aniversario. Os pontevedreses son cuartos na táboa de clasificación e están inmersos na loita por conseguir chegar ata esa segunda praza que lles de a posibilidade de disputar a fase de ascenso a DHP. Será por tanto un exame en grao sumo esixente para os cullerdenses, dado o potencial dos locais e o moito que se xogan, pero o BM.Culleredo debe de persistir na idea de competir con estes equipos e, para iso, necesitará que a súa retagarda funcione ao 100% en colaboración coa portería. Haberá que frear a saída en tromba do conxunto da Cidade do Lérez e aguantar para que non consigan unha diferenza cómoda nos primeiros instantes. Os ataques terán que ser pacientes, longos, buscando a mellor opción e non caer en precipitacións nin en erros non forzados. Se no partido de ida o equipo foi capaz de competir de ti a ti e estivo a piques de sacar algo positivo, viaxa coa ilusión de conseguir algo positivo nesta visita. O encontro de disputará no Pavillón Dous Deportes de Pontevedra ás 20:00h.
