
(XM) Bm Culleredo Remax Riazor - Club Balonmano Atlántico
No polideportivo de Almeiras, disputábase na tarde do pasado Domingo un derbi que se antollaba vibrante, especialmente polas posibilidades que tiñan dos visitantes de apurar as súas opcións de clasificación para a próxima Final Four da categoría. En fronte, o flamante CAMPIÓN GALEGO, o BM.Culleredo Remax Riazor, que desexaba examinarse ante un gran rival no último encontro e que lle valese cara á preparación do próximo campionato de España. Todo iso derivou en que se ofrecese ao numeroso público un encontro fantástico de balonmán e ao inmellorable ambiente, uniríaselle o bo facer de ambos os conxuntos, sen deixar nin unha pinga de esforzo para máis tarde, mostrando unha intensidade e carácter competitivo dignos de admirar. O BM.Culleredo Remax Riazor entraría no encontro tal e como nos ten afeitos e apoiados nunha defensa 5:1 inexpugnable, lanzaría rápidas transicións que obrigaba ao técnico visitante a solicitar o seu primeiro tempo morto dentro dos primeiros cinco minutos (5-1). Os xogadores do BM.Atlántico responderían entón cunha marcha máis, non querían descolgarse do encontro e desexaban que as súas opcións non se desvanecesen tan pronto. Conseguirían frear a sangría inicial, pero non achegarse no marcador, mantendo os cullerdenses unhas distancias que oscilarían entre os catro e cinco goles durante os primeiros trinta minutos. A pesar de que o BM.Culleredo Remax Riazor demostrara ser superior en todas as fases do xogo, o conxunto do BM.Atlántico presentaba un espírito de loita excelente e negábase a darse por vencido. Esporeados por unha numerosa e animosa afección, lograba manter a súa ilusións intactas coa diferenza que o electrónico reflectía ao descanso (20-16).
No segundo tempo, como é habitual no conxunto do BM.Culleredo Remax Riazor, as rotacións comezarían a decantar o partido e o paso dos minutos correría ao seu favor a medida que a fatiga comezaba facer efecto no seu rival, incapaz de aguantar o ritmo frenético dos cullerdenses. As diferenzas iríanse ampliando a medida que o tempo transcorría ata entrar nuns últimos minutos onde as forzas lle daban as costas a un equipo visitante que tivera unha actitude de loita sobresainte. O BM.Culleredo Remax Riazor, terminaría por concretar un resultado que demostra o seu potencial anotador (40-31) e que os proclama como equipo invicto nesta Liga Ouro regular 2024/25.
Dentro dun mes, o conxunto de Culleredo loitará no campionato de España por conseguir a clasificación para a fase final, o que sería o TOP 8 nacional, un obxectivo sumamente ambicioso de todos estes fantásticos xogadores.
BM Culleredo Remax Riazor : 40 (20+20). Hugo Díaz (P) , Marco González (P), Adrián Veira, Jairo Míguez, Alejo Martínez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Bruno Pardo, Hugo Rodríguez, Xoán Canedo, Aarón Blanco, Iván Sánchez, Nicolás Casal, Jorge Outón, Anxo Negreira, Samuel Seijas.
Club BM.Atlántico: 31 (16+15). Enmanuel García, Pablo Castiñeira, Pablo Pardo, Leo Rodríguez, Fabio Pasantes, Daniel Maceiras, Diego Carracedo, Enrique Núñez, Gonzalo García-Armero, Miguel Ángel Fdez, Diego Lema, Martín Vinagre, Adrián Insua, Daniel Archilla.
Parciais cada 5 ‘: 5-1 / 10-5 / 15-10 / 16-12 / 18-14 / 20-16 / DESCANSO/ 25-17 / 30-22 / 32-23 / 34-26 / 38-28 / 40 - 31 / FINAL.
Colexiadas : André Pena e Paula Peteiro.
Incidencias: Xornada 18ª da Liga Ouro Xuvenil masculino. Encontro desputado no polideportivo de Almeiras que presentou cheo total con un ambiente excepcional por parte das aficcións de ambos os equipos..
