Saltar ao contido

Sumamos unha xornada máis nesta nova normalidade, sempre cumprindo coas medidas necesarias para que o deporte federado siga sendo un entorno seguro.

Esta nova fin de semana de competición para os nosos equipos neste novo formato de liga (no cal nos enfrontamos en 2 fins de semanas consecutivos ao mesmo equipo) ven cargada de ilusión e ansias de mellorar o xa ben feito por tod@s na anterior xornada!

...continúa lendo "Nova xornada de balonmán!"

Esta primeira xornada daba comezo a un novo ano, tras case 8 meses de inactividade e que volveu a encher de ilusións e sorrisos os diferentes pavillóns de toda Galicia. Máis alá dos resultados, o poder volver a competir no 40x20 era algo co que centos de rapaces e rapazas de toda Galicia levaban meses soñando, soños que por fin puideron materializarse.

...continúa lendo "Resumo da fin de semana!"

Despois de case oito meses, volve a competición a Almeiras!

Mañá, 7/11/20 vai a ser unha data moi importante, despois de casi 8 meses dende o último partido que se desputou no balonmán base galego, voltamos á competición! 

...continúa lendo "VOLVE O BALONMÁN!"

Esta semana xa comezaron as escolas base do Balonmán Culleredo! As nosas 3 escolas que levamos a cabo nos colexios de Tarrío, Ría do Burgo e Sofía Casanova 🤾🏽‍♀️🤾🏽‍♂️ Desta forma voltan ao balonmán os máis pequenos do clube, que estaban desexando volver a desfrutar do noso deporte cos seus compañeiros! Ademáis están abertas as inscripcións para todos aqueles que queiran anotarse e probalo balonmán 📝 

...continúa lendo "Inicio das escolas deportivas do Balonmán Culleredo"

Xa está aberto o prazo de inscripción para as escolas deportivas do Balonmán Culleredo deste curso. Podedes acceder ao enlace de inscripción no link que vos deixamos a continuación.

O noso presidente Anxo Canedo con Fernando Vázquez

O Bm Culleredo está de noraboa, pois nestes días pechouse a fichaxe de Fernando Vázquez Quinteiro para a dirección técnica do clube.

Fernando é un dos adestradores en activo con maior experiencia de Galicia e a súa boa labor no clube veciño EBM Xiria de Carballo da idea da calidade do seu traballo.

...continúa lendo "O Bm Culleredo refórzase coa fichaxe de Fernando Vázquez Quinteiro na dirección técnica do clube"

Aquí vos deixamos a newsletter de maio de Remax Riazor, na que poderedes ver como afecta a actual situación ao mercado inmobiliario e desfrutar ademáis dunha boa receta para que vos chupedes os dedos!

Boas tardes a tod@s! Hoxe dende o clube queremos compartir con vós unha pequena recopilación xogos para realizar nas nosas casas en familia nesta situación que estamos a vivir. Este documento foi elaborado pol@s estudantes de 1° curso de Ciencias da Actividade Física e o Deporte como parte dunha actividade da asignatura de Xogos e Recreación Deportiva, que nolo ceden para que todas as familias que formamos o Balonmán Culleredo poidamos encontrar formas de entreternos nas nosas casas!

Esperamos que esta aportación axude a levar da mellor forma posible esta situación e que todas as familias do Balonmán Culleredo poidamos incluso saír reforzados dela! 

#ForzaCulle

Hoxe é un día moi importante a nivel internacional, nin máis nin menos que o Día Internacional do Libro! E nesta data tan especial, dende o Balonmán Culleredo, queremos agradecerlle a súa colaboración a Baía Edicións! Como vos comentaramos na entrega que lle dedicamos na nosa sección "Hoxe coñecemos a", Baía Edicións é unha editorial galega que forma parte dos nosos patrocinadores e na cal temos unha persoa que forma parte da nosa gran familia, Belén López Vázquez! Da man da editorial queremos traervos nesta data especial, un importante agasallo ao que Baía Edicións da acceso co beneplácito das súas autoras e autores. Nin máis nin menos que a posibilidade de descargar de forma totalmente gratuíta 10 libros para os nenos e nenas da casa poidan levar da mellor forma esta situación e non desconecten dalgo tan importante e bonito como é a lectura. Aquí vos deixamos o link para acceder á súa páxina e poder descargalos libros que desexedes dos 10 títulos dispoñibles:

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/