Saltar ao contido

O BM Culleredo Canedo amosa a súa valía

Enfronraronse no municipal de Tarrío o BM Culleredo Canedo e o BM Línea 21 logo de un ano parados pola pandemia.

Moitos nervios na estrea ligueira en Tarrío dos Alevins do "Canedo". Saíron aínda así concentrados a un partido logo de un ano sen competir, pero demostraron que levan meses traballando nos adestramentos.

Comezou o partido con moitos roubos de balóns da avanzada defensa Culleredense, rematados todos en gol rápido.

No ataque posicional víronse combinacións moi boas en espacios limitados, tanto na mesma línea coma entre líneas atacantes. Isto "descolocou" ao equipo rival, quenes non puideron reaccionar ante o derradeiro cuarto.

Durante todo o partido houbo un bo traballo, o que dou como froito a Victoria por tres tempos a un.

Os tres primeiros tempos amosaron un gran balonmán, e tamén no derradeiro, anque os excesivos erros de lanzamento lastraron este derradeiro cuarto.

Xogaron: Mateo, Hugo Bregua, Xoán Canedo, Leo, José Manuel "Manu", Jairo, Teo e Iago Patiño

Resultado: BM Culleredo Canedo10-6 BM Línea 21. Resultados parciais: 8-1/10-3/7-4/2-5

Tódolos xogadores estiveron moi ben, máis compre destacar as boas accións defensivas de Jairo e a asunción de responsabilidades de Teo, xogador de primeiro ano, en ataque.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *