Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS SOBREPONSE A UN MAL DÍA PARA SAÍR VITORIOSO

O BM. Culleredo Indutec Ingenieros, realizaba esta mañá de sábado unha das viaxes máis longas que se lle presentarán ao longo da tempada. O desprazamento ao Rosal, significaba unha nova final nese camiño particular que os cullerdenses continúan sementando para conseguir o posto máis alto na táboa clasificatoria.

Non sairon ben as cousas dende o principio e os de Culleredo estiveron lentos, espesos, erráticos e excesivamente individualistas,  completando o partido máis frouxo desta tempada. As sensacións do equipo non foron as idóneas desde o inicio e tan só accións individuais determinadas mantiñan ao Indutec Ingenieros por diante no marcador. Non é menos certo que o seu rival, o ATL. Novás, xamáis tomou a iniciativa no electrónico, pero a vantaxe era tan paupérrima que calquera descoido podía terminar co desgusto do conxunto visitante. Ao descanso, o 12-13 poñía en modo alerta ao BM. Culleredo Indutec Ingenieros…….Quedaba moito por facer e era necesario un cambio radical.

A pesar de comezar mellor a segunda parte e conseguir un 0-2 nos primeiros minutos que parecía poder cambiar a tónica do envite, os de Culleredo non puideron manter esa liña positiva, sendo incapaces de ampliar as diferenzas que se moverían entre os tres e cinco goles, sen dar a tranquilidade necesaria ante o espírito combativo dos rosaleiros. No día máis espeso do equipo, onde as boas sensacións nunca apareceron, o Indutec Ingenieros soubo manterse firme nos momentos de maior presión do seu rival para conseguir unha nova vitoria e continuar nos postos altos da clasificación.

Acanor Atl. Novás: 28 (12+16). Martín Domínguez (3), Alonso Martínez, Hugo Brandón (1), Pablo Carrera, Mario Bento (3), Marcos Álvarez (2), Breixo Domínguez (4), Martín Giraldez (3), Alex Cobos, Antón Piñeiro (2), Mateo Pousa, Lucas Sobrino, Iago Soler (10).

BM.Culleredo Indutec Ingenieros: 32 (13+19). Javier Ansede (p), Iván Manzo (P), Iago Bescansa (3), Xoel Ínsua, Marcos Regueiro (1), Lucas Sánchez (1), Nicolás Vázquez (1), Nuno Loxo (7), Senén Garea (7), Álvaro Dieguez (1), Teo Calvo, Samuel Seijas (5), Diego Del Río, Juanfran Pazos, Pablo Fariña (6), Iván Sánchez.

Parciais cada 15´: 5-6 / 12-13 /Descanso/ 19-21 / 28-32 / Final.

Colexiado: Oscar Fdez.

Incidencias: 6ª xornada da liga Ouro (Grupo B) en categoría cadete masculino disputada no pavillón do Rosal.

Fotos do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *