Saltar ao contido

Vitoria de mérito para o Padthaiwok

O pasado domingo recibían os nosos rapaces do Bm Culleredo Padthaiwok ao Atlético Novás. Chegaban os nosos sabendo a dificultade do encontro e máis coa baixa de Marco Sesar por lesión.

Comezaba o encontro da mellor forma para os nosos, con imprecisións dos visitantes que os nosos rapaces non perdoaban nas transicións, conseguindo rapidamente poñerse 4-1. Comezaban agora a carburar os do Novás, moito máis centrados agora e co seu central lucíndose en accións individuais nas que nos facía moito dano.

Conseguían os nosos manterse no encontro a base do xogo colectivo en ataque, donde aparecían situacións moi boas atacando os intervalos e dando continuidade de lado a lado, pero 2 erros dende os 7m e 3 pérdidas claras de balón lle permitían aos visitantes irse 1 arriba ao descanso.

Comezaba un segundo tempo no que os nosos estaban un tanto imprecisos, pero que seguían a competir conseguindo levar o balón ás esquinas e así ou ben poder finalizar ahí ou abrir máis á defensa rival. Volvían a poñerse os nosos igualalo marcador, pero rápidamente reaccionaban os visitantes cunha defensa moito máis presionante e conseguían escaparse a 2 goles.

Contra esta defensa máis profunda, o Padthaiwok tíñao claro e comezou a buscar máis situacións de xogo cos nosos pivotes, donde a partires dese pase y va conseguíamos superar de forma sinxela a presión rival. Estos bos minutos de xogo permitíannos darlle a volta ao marcador, chegando aos derradeiros 7 minutos con 3 goles de vantaxe.

Serían estos derradeiros minutos os máis difíciles do encontro, donde a falta de temple propia desta categoría, nos pasaba factura. As présas facíannos buscar situacións rápidas innecesarias que ainda que chegaban a destino non éramos quen de finalizalas de forma exitosa e lles permitía aos do Novás manterse vivos ata case o derradeiro instante.

Partido no que o Padthaiwok amosou que sempre son competitivos e que sen dúbida ten un gran mérito, toca aprender desos derradeiros minutos para futuras ocasións e disfrutar destos 2 puntos!

Bm Culleredo Padthaiwok: 32 (18+14) Adán, Martín, Rubén, Íker, Leo Cobas, Mateo, Adrián, Roi, Pedro, Guille, Dani, Jorge e Leo González.

Atlético Novás: 31 (19+12) Gonzalo, Lucas, Adrián, Alexandre, Alejandro, Dimas, David, Bernal, Mateo, Lucas, Diego, Roberto, Mario, Gael, Eric.

Árbitros: André Pena e Hugo Bello.

Incidencias: Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *