Saltar ao contido

Sufrida victoria do ConstruPereiro

Nova xornada para os nosos rapaces do Bm Culleredo ConstruPereiro que desta vez se enfrontaban ao Arteixo.

Chegaban os nosos a este encontro decididos a ganar trala derrota da semana pasada ante o Atlántico. Sen embargo os efectos da mañá do domingo facíanse notar, entrando moitos ao partido aínda algo dormidos. Nos primeiros minutos non conseguíamos defendela nosa portería axeitadamente, sendo superados continuamente no 1x1 e dudando nas axudas, o que xunto á decisión dos nenos de Arteixo se resumía en case 1 gol en cada ataque. Na fase ofensiva desta primeira parte estaríamos ademáis moi estáticos, pero en certas accións de lucidez dos nosos nenos e boas decisións por parte dos nosos centrais manteríamonos na loita polo partido. Aínda na primeira parte, atopándonos 2-3 goles abaixo, comezaríamos a espertar, axustando a defensa e conseguindo dificultalas acción do Arteixo, que chegou a ter que facer ataques de 1 minuto ou máis para atopar ocasión de gol. Con todo isto conseguiríamos empatalo marcador ao descanso.

Comezaba a segunda parte e facíao con un mellor ConstruPereiro, que mantendo un bo bloque defensivo dificultaba e moito o traballo aos visitantes. Sen embargo comezaban a aparecer despistes individuais dos cales o Arteixo conseguía sacar partido e non éramos quen de despegarnos no marcador. En ataque as cousas estaban xa moito máis claras, vendo máis movilidade e movendo á defensa do Arteixo ata atopalo oco no que poder chegar á portería, chegando a acción ganada en moitas ocasións ao extremo. A pesar do bo xogo, os extremos non estiveron moi acertados no día de onte e non conseguíamos materializar esas claras accións de gol. Coa sensación de ser superiores nestos minutos, pero sin amosalo no marcador, chegaríamos aos últimos 5 min, donde un último intento por levarnos o partido nos levou a facer un claro parcial de 4-1 que poñia o definitivo 25-22.

Bm Culleredo ConstruPereiro: 25 (13+12). Adrián (P), Rubén (P), Teo (1), Fabián (1), Hugo (5), Noé, Nicolás A. (4), Nicolás D., Josemi (6), Antón (6), Mateo (2).

Reprint Bm Arteixo: 22 (13+9). Alex, Hugo, Iago, Jairo, Lucas, Martín G., Martín T., Roi V., Roi M., Mateo, Tomás.

Parciais cada 5´: 3-2/6-5/9-9/12-10/13-13/ Descanso /16-14/19-14/20-18/21-21/25-22/ Final

Colexiado: Alesso Muíña. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro correspondente á 3ª xornada da segunda fase de competición, liga prata infantil masculina grupo A. O encontro disputouse no pavillón de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *