Saltar ao contido

O BM Culleredo Enerxíasolar.com alevin amosa as súas credenciais

O pasado domingo comezaba a liga bm7 alevín para os equipos de BM Culleredo. O BM Culleredo Enerxíasolar.com enfrontouse ao BM Atlántico.

Tardaba en quentar o domingo, máis os rapaces alevíns do enerxíasolar.com saíron ao partido fronte aos nosos veciños concentrados e traballadores.

Unha moi boa defensa, con gran cantidade de colaboracións na primeira linea e actitude ofensiva nos avanzados fixeron vibrar de público congregado no pavillón municipal de Tarrío.

A toma de decisións en ataque foi excelente, aínda coñecendo a impaciencia por meter gol característica, e máis tratándose de o primeiro partido oficial logo de un ano sen competir por mor da pandemia.

Os xogadores amosaron na pista que levan xa varios meses traballando nos adestramentos e, a pesares dos nervios característicos do parón, realizaron un gran partido.

Xogaron polo Culle Hugo García, Hugo Castelo, Yabu, Mauro, Antón e Alexis. Se ben tódolos xogadores o fixeron moi ben xom e destacar o liderazgo defensivo de Hugo Castelo, asumindo a dirección da defensa, e o traballo ofensivo se Alexis.

Resultado: 12-4 a puntos para os Cullerdenses, con resultados parciais 5-2/8-2/7-2/8-3 (28-9)

Primeiro partido oficial alevín con público limitado a 30 afeccionados

A pesares das baixas, o enerxíasolar.com amosou que é un claro candidato ao título

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *