Saltar ao contido

Previa da xornada!

(Infantil masc.) METALÚRGICA BB XIRIA VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Os nosos rapaces do Bm Culleredo Remax Riazor desprázanse a Carballo este xoves para enfrontarse ao Metalúrgica BB Xiria, nun partido que se antoxa complicado e moi desputado. Os nosos nenos chegan moi motivados tralas súas 2 primeiras victorias da tempada e amosando un moi bo nivel de xogo. Para poder competilo partido deben os nosos nenos mostrala solidez defensiva destos últimos encontros, mantendo un bo bloque e sendo solidarios para poder dende a defensa construir un bo ataque, que nos permita chegar a goles fáciles. Poderemos desfrutar deste gran partido no canle de Youtube do Xiria ás 12:00!

(Cadete masc.) ACANOR NOVÁS VALINOX VS BM CULLEREDO INDUTEC INGENIEROS

O BM.Culleredo Indutec Ingenieros comezará a segunda volta na liga ouro de categoría cadete. A visita O Rosal, unha das pistas máis complicadas de Galicia, debe de ser razón suficiente para que os cullerdenses cheguen ao envite sen confiarse e afronten o encontro cunha concentración sobresainte. En xogo está seguir na parte alta da clasificación, en dura pugna co Luceros de Cangas, así que se fai necesaria a vitoria e para iso antóllase vital seguir crecendo no apartado defensivo. O partido disputarase no pavillón do Rosal este próximo sábado ás 12:00h.

(Xuvenil masc) E.D. POIO ARTAI VS BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA

BM CULLEREDO BERMÚDEZ ULLOA VS SAR CENTRO MÉDICO CESANTES

OAR CIUDAD VS BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

LABER XIRIA VS BM CULLEREDO TÉCNICOS 115

Os conxuntos xuvenís masculinos do BM. Culleredo, Técnicos 115 e Bermúdez Ulloa, afrontarán unha Semana Santa con importante densidade de partidos. Mentres o Técnicos 115 disputará dous derbis: Xoves Santo fronte ao OAR (16:00h Pavillón S. Francisco Javier) Sábado ante o Xiria (Pavillón Vila de Noia 18:30h), o Bermúdez Ulloa terá un partido a domicilio (Poio, pavillón A Seca Venres 12:00h) e outro en casa fronte á SAR de Redondela (Domingo Pavillón de Almeiras 12:15h).

Para o Técnicos 115 serán dous encontros vitais para conseguir a clasificación entre o catro primeiros que lles dean o pase á disputa dos cruces. Os cullerdenses tentarán quedar o máis arriba na táboa clasificatoria para conseguir, en teoría, un cruzamento máis sinxelo. Despois de tres semanas sen competir, é unha incognita saber que sensacións poderá ter e transmitir o equipo no 40x20, pero os de Culleredo saben que teñen que botar o resto para imporse e conseguir o obxectivo. O traballo da retagarda será clave unha vez máis en ambos os partidos.

Pola súa banda, o conxunto de Bermúdez Ulloa, que comezou a semana pasada a súa participación na competición cun triunfo ante Teucro B, tentará elevar as boas sensacións dese partido e completar dous bos encontros, o primeiro a domicilio ante o Poio e o segundo en casa fronte a outro histórico da nosa autonomía como o é a SAR de Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *