Saltar ao contido

PARTIDO MOI IGUALADO DO BM. CULLEREDO OPEMAT NO COMEZO DA COMPETICIÓN

Primeira xornada na categoría alevín mixto e primeiro partido oficial para os nosos rapaces do BM. Culleredo Opemat que lles tocaba viaxar a Carballo para verse as caras contra o BM Xiria.

No comezo do encontro puidemos ver como os nervios e as precipitadas decisións dos nosos xogadores a hora dos pases e lanzamentos lograban que o Xiria collera vantaxe no marcador. Marcador que a medida que ía avanzando o tempo íamos pelexando, rematando a segunda parte so un gol abaixo.

Neste intre do partido e xa no comezo do terceiro período a boa defensa e as recuperacións de balón, acompañadas de acertos nos lanzamentos a portaría rival, fixeron que os nosos nenos se impuxeran aos rivais (que comezaban a ter dificultades a hora de finalizar na nosa portaría), gañando de un e logrando meterse de novo no partido a falta dun tempo para o final. Pero as ganas e a loita non foron suficientes para facernos coa vitoria, e a pesar de ter todas as de gañar, os erros nos últimos ataques, que o Xiria logrou aproveitar, fixeron que se nos escapara o empate do encontro.

Partido moi disputado, como ben reflicte o marcador, no que os nenos volveron sentir a competición e que lles servirá para poñerlles as cousas dificiles a volta.

Forza Culle.

BM. Culleredo Opemat: 6 (1+1+3+1). Jorge Amor, Adrián Aneiros (4), Diego Rodríguez (2), Xoan Seoane (3), Alejandro Soto, Iván Gantes (2), Jacobo García, Hugo Neira, Hugo Bermúdez (6).

BM. Gallega de Mallas Xiria: 10 (3+3+1+3). Lucas Mateo Fajardo (3), Pablo Fraga (2), Héctor Dubra, Tomás Añón, Iker Lema, Desale López (4), Rubén Nogareda, Saúl Fuentefría (6), Unai Cotelo (3), Álvaro Cotelo (1), Nicolás Lorenzo, Daniel Pan, Alejandro Rodríguez (2).

Parciais cada 10´: 6-3 / 4-3 / 4-5 / 7-6.

Colexiados: Julio López Pedre e Marta López.

Incidencias: Primeiro partido da liga disputado polo BM. Culleredo Opemat. O encontro tivo lugar no pavillón do CEIP Fogar, en Carballo, coa presenza limitada de público, debido as restricións sanitarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *