
Autor: Álex Seijo
Partido moi longo para o Fisioterapia Benestar
Bó partido no Rosal onde a victoria quedou no equipo local.
O Fisioterapia Benestar cae en Tarrio na primeira xornada da Liga de Ouro.
Derrota do Climanosa en Santiago.
As nosas Infantís caen en Tarrío ante un gran Tui.
O Remax comeza a liga de Ouro con derrota pero con boas sensacións.

Primeira xornada da liga Ouro onde os nosos rapaces do Remax xogaban contra sempre un rival duro como o Cisne de Pontevedra.
Os primeiros 10 minutos o Cisne mandaba no marcador , era quen de superar a Defensa profunda do Remax , ainda asi os nosos darianlle a volta ao marcador grazas a un gran esforzo defensivo , na faceta defensiva auinda con moitos problemas eran capaces de sueperar a defensa 6:0 do equipo pontevedrés.
Ao descanso tablas no marcador 8-8. Na segunda metade tras 10 minutos de xogo o marcador seguía reflexando un empate xa que as defensas impoñianse o ataque, o que menos erros tiña en ataque tiña opcións de levarse o encontro. Unha serie de perdidas no ataque cullerdense fixo que a balanza do marcador favorecera ao equipo visitante, ainda así o Remax Riazor pese a estar 3 goles a baixo a falta de 10 min non se rendiu e estivo a piques de apretar o marcador grazas a un novo esforzo defensivo .
O final os dous puntos van a Pontevedra xa que o Cisne estivo máis atinado de cara o gol . Moi bó partido o vivido en Tarrío , igualdade ata os ultimos intres do partido. Estos partidos teñen moita carga de aprendizaxe e hai que aprender de eles.
Forza Culle.
BM Culleredo: (8+9) Hugo Díaz, Hugo García, Adrián Aneiros, Jorge Outón(2),Jaime Serrano(2),Fabián Manzo (4),Iago Allegue(2),Hugo Bermudez(1),Diego Piñeiro (1),Jairo Candamio(2),Xoán Bello (3), Teo López.
BM Cisne: (8+11):Francisco Castro,Sergio,Antonio Lino(1),Mateo Carrasco,Pablo Pazos(3),Roque Diaz(4),Xoel Lago (3),Yago Martinez(1),Román Latas(2),Adrian Lago(6).
Parcial cada 5 minutos:0-2/2-4/6-5/7-7/8-8/10-10/12-12/14-15/15-18/17-19.
Arbitros:.Nicolás Nuñez, Jóse López
Incidencias: Primeira xornada da liga Ouro infantil masculino, disputado no pavillón Municipal de Tarrío.








