
Enlace Do Partido: Club Cisne Colegio Los Sauces - Balonmán Culleredo Despreocúpate.es
O BM.Culleredo Despreocúpate.es acudía a Pontevedra co obxectivo de obter os dous puntos ante un rival directo e dar un paso que podería ser definitivo nesa terceira praza da clasificación, pero o infortunio da lesión de Teo, que deixaba minguada a primeira liña cullerdense cando estes dominaban con autoridade o envite, sería un lastre co paso dos minutos que aproveitarían os locais para impoñerse pola mínima. O conxunto de Culleredo comezaría o partido con moitísima autoridade, dominando en todas as fases do xogo ao seu rival e establecendo unha diferenza no marcador que reflectía a superioridade existente e obrigaba ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto. Superado o ecuador, Teo Gómez sufriría a lesión xa mencionada e aínda que tentaría volver á pista para axudar aos seus compañeiros, sería totalmente imposible. O equipo continuaría serio, con boa actitude e intensidade a pesar das maiores dificultades que atopaba agora ante a defensa rival pola falta de lanzamento exterior. As diferenzas reduciríanse entón, aínda que o BM.Culleredo Despreocúpate.es mantería o seu dominio no marcador durante todo este tempo e ao termo dos primeiros trinta minutos (17-16). Sería na segunda parte e cando os minutos acumulados comezaban a facer efecto o momento no que a baixa de Teo notaríase máis nunha primeira liña con poucos efectivos e nun bloque central defensivo onde tiveron que asumir responsabilidades outros xogadores. Os locais, con maior rotación no seu banco, lograrían entón poñerse por diante, chegando a obter unha perigosa diferenza de catro goles. Os xogadores do BM.Culleredo Despreocúpate.es acudirían a un plan B, onde a maior presión e profundidade defensiva obtiña bos resultados para apertar de novo o marcador. Os minutos corrían en contra dos intereses dos cullerdenses e aínda que a diferenza se reducía á mínima expresión, o asubío final por parte dos árbitros anunciaban que non había tempo para máis. Con todo e a pesar da derrota pola mínima, o BM.Culleredo continua instalado nesa terceira praza da clasificación, aínda que agora sexa empatados a puntos co Cisne e o BM.lalín. O golaverage ( +12 ante o Cisne e +4 ante Lalín), é vital para que o conxunto de Culleredo siga tendo todas as opcións de conseguir este obxectivo ao final da liga regular.
Cisne Colegio Los Sauces: 27 (11+16). Manuel García, Bruno Gómez, Jorge Porto, Martín Montes, Gael Fdez, Pedro Monteagudo, Nicolás Montoya, Luis Montoya, Marco Quintáns, Pedro Novás, Brais Rodríguez, Leo Bernal, Guillermo Candeira, Leo Hernández, Sergio Carballo, Ignacio Maceiras.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 40 (19+21). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Javi Orge, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Martín Casal, Alex Soto, Alexis Martínez, Iván Gantes, Guillermo Blanco.
Parciales cada 5 ́: 2-5 / 5-7 / 7-9 / 10-12 / 13-15 / 17-18 / Descanso / 22-20 / 24-21 / 25-23 / 29-25 / 31-28 / 35-34.
Colexiados: Anxo Barca y Carlos Matías.
Incidencias: Partido correspondiente a la 15ª xornada da Liga Ouro e disputado no pavillón municipal de Pontevedra.
