Saltar ao contido

Unha mala 2° metade non nos permite sair campións

O encontro disputado o Sábado en Bueu era unha final xa que o que lograra o triunfo sería o campión da categoría.

O partido iniciou moi ben para os intereses culleredenses que comenzaron dominando e asentados na defensa e portería podían facer boas transicións ao ataque.No minuto 15 o marcador amosaba vantaxe de 3 goles(7-10) e incluso tivemos 2 oportunidades para obtener un +4 , cousa que non ocorreu.Neste momento comezou outro encontro, moitas imprecisións nos lanzamentos, precipitacións, perdas de balón , . . .O Bueu aproveitouno e deulle a volta ao marcador e acabaron os primeiros 30 minutos con vantaxe pola mínima para os pontevedreses(14-13).

Despois do tempo de lecer os cullerdenses conscientes da importancia do encontro ,igualaron o marcador rápidamente.Pero so nos durou 10 minutos xa que a partires de ahí o equipo volveu a estar impreciso en ataque e moi débil en defensa. O Bueu foi collendo rendas no marcador cada vez mais amplias e aproveitando cada uns dos erros dos cullerdenses para castigarnos no marcador e deixarnos sen opción de loitar pola vitoria.

Bueu Atlético Balonmán.32(14+18):Matías,Pablo,Juan,Mateo,Martiño,Mario,Gael,Alberto,Francisco,Marco,Antón,Miguel e Diego.

Balonmán Culleredo Galaico Caravaning.27(13+14).Hugo Díaz, Iago,Hugo Bermudez,Roi,Hugo Rodríguez, Fabián, Adrián,Jairo,Xoán, Hugo Bregua,Teo e Diego.

Colexiado:César Díaz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *