Saltar ao contido

Un gran Climanosa non puido co Chapela.

Último partido de Copa Galicia para o Climanosa que buscou a victoria ata os minutos finais.

Comenzaba o encontro cun dominador no marcador que era o Chapela, creando moitas dificultades a os nosos con diferentes transformacións tanto an primeira liña como na segunda.O Climanosa pola contra encontraba situacións de gol polos extremos grazas a unha rápida circulación de balón.

Ainda así o equipo cullerdese tiña problemas defensivos que por momentos parecían solucionados , isto facía unha igualdad no marcador pero o Chapela subiu o ritmo nos ultimos 5 minutos da primeira parte e marcharian o descanso cunha ventaza de 5 goles.

O descanso 15-20.

Na segunda metade o Climanosa puxo todo o que tiña para poder remotar o partido , primeiro limitando as trabsformacións do Chapela, sendo máis organizados e contundentes. Isto máis a paciencia no ataque facían reducir as distancias no marcador ata o punto de poder creer na victoria. Nos últimos 10 minutos decidiuse o partido , primeiro pegou culle con sendos contrataques pero o Chapela non se rendiu e o final foi o mellor equipo na pista e conseguia volver a diferencia dos 5 goles e incluso ampliala a 6.

Moi boa imaxe do Climanosa que evoluciona en unha boa dirección.Un gran espiritu deporivo o vivido hoxe en Tarrio.

Forza Culle.

Por parte do Climanosa xogaron e marcaron:

Bm Culleredo Climanosa: Rubén Gantes,Xoel Insua(6),Nico Casal(8),Mario Sanchez(1),Bieito Muiña(1),Hugo Vazquez(4),Adrián Pestonit(4),Iago Vazquez (2), Alvaro Siso(1),Félix Noya (1), Nico Arias(1), Nico Diaz,Mateo Perez,Bruno Pardo(4).

Bm Chapela: David Lopez, Nicolas Diez(3),Angel Perez(9), Xoel Fernandez(12),Hugo Correa(4), Asier Vazquez(8),Pedro Salgado (3),Pedro Rodriguez.

PARCIALES CADA 5´: 3-4/6-9/9-10/13-14/14-16/15-20/18-23/21-15/23-28/27-32/31-26/33-39.

Colexiados: Sergio Rios, Jose López.

Incidencias: Terceira xornada da Copa Galicia disputada no pavillón de Tarrio con asistencia de público limitada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *