Saltar ao contido

O Fisioterapia Benestar cae en Tarrio na primeira xornada da Liga de Ouro.

Derrota na primeira xornada da liga Ouro , onde o Fisioterapia Benestar non puido coas Choqueira de Redondela.

Unha primeira parte axustada onde o equipo visitante comezaba cun parcial de 0-5, isto daba reacción as nosas que pouco a pouco ian reducindo as diferencias ata empatar o partido e chegar o descanso cun resultado de 9-10.

Na segunda metade o Fisioterapia tivo moitos problemas na fase ofensiva para superar a defensa 5:1 , o culle iniciaba sempre un 1x1 pero que non era efectivo , ainda asi o nivel defensivo era bó e se conseguia seguir competindo o partido. Co paso dos minutos o equipo visitante foi aumentando pouco a pouco as diferencias no marcador .Nos últimos minutos o Fisioterapia ainda tivo opcións de empatar pero esta vez non puido ser e as Choqueiras de Redondela foron capaces de levarse os dous puntos de Tarrío.

Bó partido o disputado hoxe en Tarrío , queda traballar esta semana para correxir os erros deste partido e así poder seguir competindo nunha categoría que vai esixir moito.

Foza Culle.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Marc , Tirsa, Aitana Tasende(3),Carla Bello(2),Marina Rodriguez(4),Noa Insua, Carla Estraviz,Carla Corral(2), Valentina Martinez(2),Maria Bescansa, Carla Muiño.

As Choqueiras de Redondela: Oumaima, Candela Lopez,Lourdes Rodriguez (4),Sira Bouzon(2),Ainhoa Estevez(6),Ania Martinez,Noelia Campo,Estela Misa(5), Sabela Alonso, Sara Fernandez.

Parciales cada 5`: 0-5/2-5/5-6/7-9/9-10/10-12/11-13/12-14/14-17.

Incidencias: Primeira xornada da liga Ouro da categoría cadete femenino, disputado no pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *