
O encontro comezou cun Sutenor moi metido no encontro , dominando durante moitos momentos da primeira metade grazas a un xogo colectivo moi acertado en ataque. O equipo mostrou unha actitude, intensidade e concentración de dez, o que lle permitiu levar a iniciativa durante boa parte deste primeiro período.Conseguiuse unha diferencia de 4 goles, as situacións de continuidade , algo básico no balonmán estaban a dar o seu froito pero diante estaba un equipo que ainda que esté en posotos baixos , ten moito balonmán . Con todo, o Lalín reaccionou e conseguiu igualar o marcador, dando paso a uns minutos de gran igualdade entre ambos conxuntos.
Resultado ao descanso :Bm Culleredo Sutenor 15- Upi Informática Lalín 15
Tras o descanso, o equipo mantivo un xogo moi correcto, imprimindo velocidade ás súas accións ofensivas e atopando espazos na defensa rival. O ataque seguiu funcionando con boa circulación de balón e participación colectiva.
En defensa, pola contra, o equipo estivo algo máis frouxo en determinados momentos do tramo final. Algúns desaxustes defensivos e pequenas perdas de balón en ataque, provocadas por imprecisións nos pases, limitaron as opcións ofensivas del Sutenor nos minutos decisivos do encontro.
A pesar diso, o equipo deixou moi boas sensacións durante gran parte do partido, amosando unha gran actitude e un xogo colectivo que invita ao optimismo de cara aos próximos compromisos.
Resultado final : Bm Culleredo Sutenor 31- Upi Informática Lalín 34
A pesar das derrotas nas últimas xornadas, o equipo está a xogar ben e tamén temos que quedar con iso. O traballo está aí e estase vendo no xogo do equipo. Quedan tres xornadas nas que aínda hai moito por decidir e nas que temos que seguir competindo coa mesma actitude e compromiso. Non se trata só de poñer metas, senón de construír futuro. Se seguimos traballando así, os resultados acabarán chegando.
Bm Culleredo Sutenor :Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, Thais Villaverde, Alba Fernández, Sara Villar, Rosalia Veiga, Lola Romero, Aitana Gestal , Noa Otón , Afríca Gómez, Sofia Meijide.
Upi Informática Lalín: Claudia Munin , Carme Vazquez, Salvora Vilariño, Daniela Perez, Alicia Quintela, Martina Granja, Fatima Batan, Agar Vazquez, Lia Souto, Ana Martinez, Alba Cagide.
Parciais cada 5`: 2-1/5-4/8-5/10-9/12-12/15-15/20-18/22-23/24-25/27-28/29-29/31-34
Árbitros: Uxía Mariño, y Paula Peteiro
Incidencias: Xornada 15 da liga de Ouro cadete feminino , disputado no pavillón municipal de Almeira s en Culleredo
