Saltar ao contido

O Fisioterapia Benestar é da liga de Ouro.

O equipo cadete femenino Fisioterapia Benestar clasificouse a Liga de Ouro no Play Off de ascenso disputado en Cangas. O grupo estaba formado polo equipo local Taperias dos Chata BM Cangas tamén o equipo vigués 6 Do Nadal -Coia e as nosas rapaces cullerdenses.

O venres o primeiro partido o Fisioterapia xogaba o partido máis complicado, neste caso ante o equipo local , o equipo cangués foi moi superior no encontro tanto na faceta defensiva como na ofensiva , sen dar práctimanente opcións de puntuar ao equipo culleredense. O resultado final 35-5 , dous puntos para o Cangas e primeira bala perdida para o equipo de Culleredo .

O Domingo derraidero partido para poder acadalo ascenso . xa que clasificábanse os dous primeiros equipos do grupo. O equipo a batir era o 6 Do Nadal , o equipo vigués tamén viña de perder contundentemente ante o Cangas o dia anterior. Un partido vital para ambos equipos onde o equipo cullerdense pegou primeiro no marcador e xa nos primeiros 5 min lograba un parcial de 5-0 ,isto deu a unha pequena reacción do equipo vigués , pero as nosas rapazas puideron controlar a situación e pouco a pouco lograban máis ventaxa no marcador grazas a accións de 1x1 de Marina que foi quen de superar continuamente a defensa viguesa.

Na fase defensiva , as disuasións de Carla Bello, e a contundencia e liderazgo defensivo de Aitana facian a defensa culleredense inexpugnable, e cada sucedia algún error , Marc na porteria aparecia para axudar o seu equipo.

No descanso o marcador reflexaba un 14-6.

Na segunda metade o culle na fase ofensiva seguia cunha boa dinámica de encontrar situacións de gol pero os fallos de lanzamento eran malgastados, ainda asi as diferencias non se reduciron xa que a defensa cullerdense estabase a impoñer ante o ataque vigués.

O final do encontro as nosas conseguian un 23-15 no marcador ,isto marcaba a historia do clube xa que é o primeiro equipo cadete femenino que logra o pase a máxima división galega. Noraboa a estas rapazas que se conseguiron este premio é porque o merecen .

Participaron no Play Off: Marc, Carla Estraviz, Carla Bello, Maria, Aitana,Sofía, Marina, Valentina, Carla Muiño,Noa Insua.

Primer partido : Taperia Dos Chata BM Cangas 35- Fisioterapia Benestar 5.

Segundo partido : Taperia Dos Chata BM Cangas 48- 6 do Nadal 10.

Tercer partido : Fisioterapia Benestar 23- 6 do Nadal 15.

NORABOA O FISIOTERAPIA BENESTAR EQUIPO DA LIGA DE OURO , MÁXIMA CATEGORÍA DO BALONMÁN GALEGO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *