Saltar ao contido

Bó partido no Rosal onde a victoria quedou no equipo local.

Partido moi disputado o vivido no Rosal onde nos primeiros minutos o Culleredo empezou moi atinado sobre todo na fase defensiva , pero que pouco a pouco o equipo local recortaria distancias ata poñerse por diante no marcador, grazas a unha gran intensidade defensiva e una gran disciplina táctica na fase ofensiva.

O Remax Riazor co paso dos minutos non se encontraba moi cómodo ainda así seguía competindo o partido , moitos lanzamentos lastrados dende os extremos implicaban un esforzo maior na fase defensiva pero isto non se producía xa que o Novás atacaba sempre o limite e isto lle daba éxito nos seus ataques. O descanso o equipo local tiña unha ventaxa de 4 goles o descanso .

Na segunda metade o equipo local non desaproveitu esa ventazxa e seguiu cunha defensa moi profunda que facía dubidar o Remax Riazor que ou perdia o balón ou non lograba materializar a ocasión clara de gol .

Co paso dos minutos o Acanor Novás seguiu mantendo a renda de 3 goles, pero o Culle non se rendiu e a falta de 5 minutos ainda tivo a oportunidade de empatar o partido , e isto di moito dos xogadores.

O final do encontro o Novás levouse a victoria por un gol , un partido moi intenso onde o ritmo foi moi alto .

Felicidades os dous equipos polo partido , e a seguir traballando e loitando pola máxima categoria do balonmán galego .

Forza Culle.

BM Culleredo:(9+10) Hugo Díaz, Hugo García, Adrián Aneiros, Jorge Outón(4),,Fabián Manzo (4),Iago Allegue(4),Hugo Bermudez(2),Diego Piñeiro ,Jairo Candamio(1),Xoán Bello (4), Teo López.

Acanor Novás:(10+10) Nicolas Portela,Alejandro Pereira(1),Lucas Martinez(4),Antón Fernandez(4),Xoel Fernandez(1),Martin Sobrino (1),Antón Dominguez(),Yoel Fernandez(5),Brais Baz(1),Telmo Otero,Diego Rodriguez

Parcial cada 5`: 1-3/3-4/6-6/7-8/12-9/13-10/13-14/17-14/19-16/20-19

Incidencias: Segunda xornada da liga de Ouro Infantil Masculina disputada no pavillón. municipal de O Rosal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *