Saltar ao contido

As nosas Infantís caen en Tarrío ante un gran Tui.

Derrota das nosas infantís na primeira xornada da Liga Ouro, unha primeira parte axustada no que o Tui sempre estivo por diante no marcador , as nosas non daban o partido por perdido e a sua loita e sacrificio facía que o Tui non se marchara cunha ventaxa maior na primeira parte.

O Tui cunha aguerrida defensa 5:1 dificltultaba o ataque cullerdense que repercutía nun 1x1 que por momentos non era suficiente.

Ao descanso o marcador era de 8-10 a prol das visitantes.

Na segunda metade o Tui deu un paso a diante para agrandar as diferencias no marador e impoñianse primeiros na fase denfensiva que era quen de xuntar lineas nas zonas deseadas e asi parar o ataque cullerdense que nesta segunda metade quiso xogar un xogo máis colectivo , mediante pase y va e transforamacións dos extremos, e na fase ofensiva o Tui superaba con bo acerto a defensa 3:3 plantexada polo Abogacía Canosa.

Co paso dos minutos as diferencias agrandabanse e o partido pesaba moito para as nosas rapazas que en ningún momento deixaron de loitar para poder acercarse no marcador as visitantes.

Nesta vez o Culle non foi capaz de conseguir algún punto para a tabla clasificatoria ainda así queda unha semana de traballo por diante para mellorar os erros cometidos e así poder estar máis preparadas de cara o seguinte encontro.

Forza Culle.

BM Culleredo: (8+7): Aroa García, Carla Muiño (6),Lucía Cortegoso(1),Alicia Perez(1),Lucía Lopez,Leire Martinez,Alba Pedreira(1),Irene Rodriguez(1),Nadia Martinez,Valentina Martinez(4),Antía Ferreño,Lucía Martinez,Uxía Otón.

BM Tui : (10+16): Ana Lorenzo,Lucía Figueroa(1),Naiara Lorenzo,Uxía Vidal (3),Uxía Soliño(4),Lía Salvado(9),Telma Lopez(1),Maria Fernandez(1),Lucia Nuñez(5)

Parciales cada 5`: 2-1/4-4/5-6/6-9/8-10/10-12/11-15/13-17/14-23/15-26.

Incidencias: Primeira xornada da Liga Ouro na categoría infantil femenina, disputado en el pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *