Saltar ao contido

UNHA MAÑÁ COSTA ARRIBA PARA O REMAX RIAZOR

Depois dunha serie de encontros onde o Remax Riazor estivo nunha boa dinámica ainda que sen alcanzar o triunfo nos encontros anteriores , esta vez esa boa dinámica truncouse. Dende o inicio non houbo actitude nin predisposición , sempre moi estática e esperando a que o rival atacara defensivamente e atacara ofensivamente.

Unha primeira parte para esquecer, onde non había nigún ápice de querer algo. Na fase defensiva o equipo estivo moi aberto sen solidaridade defensiva.O Remax Riazor non consegueu mostrarse tan unido e solidadrio como nas últimas ocasións na fase defensiva. Durante muchos momentos do encontro faltou intensidade e reacción . O Lalín atacaba con moita forza pero as nosas cun aspecto estático non eran capaces de frear o ataque lalinés.Tampouco apareceron as pautas defensias que se veñen traballando dende o inicio da tempada , como o xesto defensivo , os desprazamentos , as fintas defensivas e a atención o balón. A pesar de ello, o encontro debe de servir como aprendizaxe para seguir reforzando estes aspectos nos adestramentos e afrontar os encontros con máis concentración e actitude .

Na fase ofensiva o equipo tampouco logrou sentirse cómodo. O ataque mostrouse moi estátaico e con pouca velocidade de circulación, lo que dificultó encontrar espacios na defensa rival . Tampouco apareceron con continuidade algúns conceptos que se traballan por semana, especialmente os relacionados con desmarque e o xogo sen balón . Son aspectos que o equipo ven adestrasndo e que con traballo e concentración seguron que vovleranse a ver nos próximos encontros.

A pesar de todo, o equipo ten marxe de mellora e capacidade para ofrecer unha mellor versión nos próximos encontros. Estes partidos deben servir tamén para reflexionar e lembrar a importancia da concentración e da actitude tanto nos adestramentos como nos partidos. Divertirse e pasalo ben forma parte do deporte, pero tamén é necesario manter a atención e o compromiso no traballo diario para que logo se vexa reflectido na pista. Con traballo, implicación e ganas de mellorar, o equipo seguro que volverá amosar a boa dinámica que xa demostrou noutros momentos da tempada.

Resultado final : Bm Culleredo Remax Riazor 12- Bm Lalin 34

Bm Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Mariña Garaboa, Candela Tizón , Olivia Pan, Aroa Bestilleiro, Andrea Muñoz, Sabela Lamas,Sofía Orge, Lucia Peña, Paula Gándara.

Bm Lalín: Iris Martin , Lucia Quintela, Lara Rodriguez, Manuela Ferreiroa, Alba Cagide, Lucia Llain , Noela Gonzalez, Lia Sanchez, Ikram Zaroual, Isabella Vargas, Ana Martinez


Parciais cada 5`: 0-4/1-6(2-11/5-18/5-23/6-26/7-29/9-31/12-34

Árbitros: Uxía Mariño y Paula Peteiro

Incidencias: Xornada 15 da liga Ouro infantil feminino disputado no pavillón municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *