Saltar ao contido

Acerca de Comunicación Balonmán Culleredo

Departamento de comunicación do Club Balonmán Culleredo

Xornada de parón nas ligas de ouro, pero que sigue activa nas ligas de prata, donde teremos enfrontamentos moi compricados e nos que se porá ao límite aos nosos equipos.

(IM) CLUB BALONMANO ATLÁNTICO VS BM CULLEREDO SUTENOR

Este venres ás 17:00 os nosos infantís de liga de prata deberán enfrontarse en Oleiros ao equipo máis forte do grupo. Trala victoria do encontro anterior, os nosos rapaces chegan cheos de motivación para poder afrontar este encontro na mellor das formas e competilo ata o final. De seguro que cun bo traballo colectivo en defensa e con claridade na faceta ofensiva lle poremos as cousas difíciles aos locais.

(CM) CLUB BALONMÁN PANADERÍA DE COVAS VIVEIRO VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Climanosa busca a segunda victoria da tempada e a primeira fóra da casa, fronte terá a un Viveiro que busca a súa primeira victoria da tempada así que será un partido moi igualado que se decidirá por pequenos detalles.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS E. D. POIO ARTAI

Este sábado ás seis da tarde no municipal de Almeiras, os nosos xuvenís de liga prata, tentarán de novo conseguir a victoria ante os de Poio.

Logo da derrota da última xornada xunto cas malas sensacións desta, os rapaces encarrilan o encontro con moito espírito de loita, emoción e gañas.

Traballo, traballo e máis traballo. Imos a por todas

(SM) DISPESÁN CAFÉ PONTEDEUME VS BM.CULLEREDO

Este próximo Domingo as 12:00h, o BM.Culleredo desprazarase a Pontedeume para disputar, no polideportivo da Casqueira, o encontro correspondente á sétima xornada da primeira división autonómica. Os cullerdenses deberán de mellorar na definición ante a portería contraria, especialmente naquelas accións dende os 6m, ben sexan en contraataque ou no ataque posicional. Doutra banda, a velocidade debe ser clave, pero a condición de que o conxunto de Culleredo saiba como administrala e en que momento empregala, minimizando erros non forzados que só levan á frustración e desesperación debido a pases inapropiados ou  outro tipo de accións onde o balón se perde. O obxectivo por tanto, será manter o modelo de xogo, pero mellorando as prestacións para poder sumar dous novos puntos nunha difícil cancha e ante un rival capaz de poñer as cousas difíciles ao BM.Culleredo.