Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Clínica Veterinaria Haciadama!

Como sabemos o importante que son para todos nós as nosas mascotas, nesta entrega do "hoxe coñecemos a..." queremos darvos a coñecer a Clínica Veterinaria Haciadama.

Para todos os coidados que poida precisala túa mascota non dubides en contar con este gran equipo de profesionais. Dende atención veterinaria, ata peluquería e compra de correas e outros accesorios do día a día.

Poderás atopala clínica en: Paseo Fernando II, 1 (15670) O Burgo – Culleredo (A CORUÑA).

Atoparala aberta para o que precises nos seguintes horarios:

  • L - V : 09:00 / 14:00 - 16:30 / 19:00
  • Sábados 10:30 / 13:30

¿Queres coñecer todas as posibilidades que che da a Clínica Veterinaria Haciadama? Sigue lendo este artigo e poderás coñecer:

  • A historia da clínica.
  • Os servizos ofertados.
  • Consellos para o día a día coa túa mascota.

¿CAL É A SÚA HISTORIA?

Alfonso, o fundador da clínica, ven de comezala súa formación no ano 82 na UCM (Universidad Complutense de Madrid), donde se licencia en veterinaria e comeza o seu camiño.

A súa historia está chea de experiencias que o forxaron como profesional, vindo moi novo para Galicia unha tempada e volvendo logo a Madrid donde monta xunto a uns compañeiros un equipo veterinario.

Tras esta experiencia decide volver a Galicia, asentándose en Culleredo donde monta unha primeira clínica que prestaría servizo do 94 ao 98. Finalmente no ano 1998 crea a clínica que se atopa en funcionamento actualmente, donde ten tratado todo tipo de mascotas.

SERVIZOS DA CLÍNICA

  • TENDA:

Dentro da clínica poderemos atopar un espazo no que mercar diversos productos que precisaremos para o día a día coas nosas mascotas, dende correas ou arneses, ata productos de alimentación e de saude para os nosos animais.

  • CLÍNICA:

O servizo principal e a atención a saúde das nosas mascotas, donde poderemos tanto solicitar consultas para saber que lles pode pasar e comprobalo seu estado de saúde, como operar na maioría dos casos á nosa mascota se fose preciso. De este aspecto ocuparanse tanto Alfonso como Diego, veterinarios con experiencia e unha gran profesionalidade, que garanten a mellor das atencións.

Dentro da clínica, poderemos atopar unha sala que funciona como consulta para poder explorar aos animais e xusto ao lado un quirófano no que intervir a aqueles que o precisen. Conta ademáis nas súas instalacións con un espazo reservado para o descanso e posible ingreso das mascotas despois das intervencións, de forma que poidan estar controlados por profesionais.

Hai que destacar, que nesta clínica contan con un servizo de urxencias 24h/7 días á semana, para que pase o que pase, a túa mascota teña un profesional á súa disposición para atendela. Se precisas deste servizo non dubides en chamar ao 609808055.

  • PELUQUERÍA:

Sabemos que tanto por hixiene como por estilo, cada vez nos preocupamos máis polo aspecto e o estado do pelaxe das nosas mascotas, por iso, dende Clínica Veterinaria Haciadama ofrecen tamén un servizo de peluquería para cans e gatos.

Para levar a cabo este servizo, o equipo da clínica conta con Jose, outro membro máis do equipo que engade un profesional máis a un servizo tan demandado.

CONSELLOS PARA AS NOSAS MASCOTAS

Como broche final, dende a clínica quixeron darnos uns consellos importantes para o coidado diario das mascotas máis comúns nos nosos fogares, cans e gatos.

  • CANS:
  1. Cepillado frecuente, sobre todo ao aqueles que teñan o pelo máis longo.
  2. Coidar a alimentación, evitando darlle sobras da comida e priorizando o uso de pensos (2 racións diarias).
  3. Bañalo como moito 2-3 veces ao mes, con auga templada e un champú específico para cans, de forma que evitemos xerar problemas na súa pel.
  • GATOS:
  1. Non é preciso cepillalos ou polo menos non con frecuencia.
  2. Alimentalo a base de pensos ou latas (varias racións diarias).
  3. Se o animal o admite poderíamos lavalo, pero 1 vez ao mes como moito e tendo en conta que precisaremos un champú especial para gatos.

PARA MAIS INFORMACIÓN:

Un comentario en “Hoxe coñecemos a… Clínica Veterinaria Haciadama!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *