
Xornada con desprazamentos complicados para os nosos equipos, que se enfrontarán a rivais directos nas súas respectivas ligas e con nova xornada para @s máis pequen@s, que unha fin de semana máis volverán a loitar e disfrutar co balonmán!
(IF) TECNOSAT BM CANGAS VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
Viaxa o equipo cullerdense a terras canguesas para buscar a primeira victoria nesta competición tras o difícil comezo de liga. O rival é o Bm Cangas, que non o porá nada fácil, pero o bo xogo das cullerdenses nos anteriores encontros anima a confiar na loita polos 2 puntos.
Forza Culle!
(IM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO SUTENOR
O Bm Culleredo Sutenor desprázase na mañá do sábado a Santiago para loitar pola que pode sela súa primeira victoria nesta liga de prata. A pesares do bo xogo amosado, ata o de agora soamente pudieron sacar un empate fronte ao OAR, pero esta xornada volverán a loitar de novo por sumar 2 puntos ao seu casilleiro.
(IM) GARAYSA XIRIA VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR
Derbi provincial o domingo en Carballo, donde o equipo local quere volver á senda da victoria na súa casa e o equipo cullerdense busca a que sería a súa primeira vitoria fóra da casa nesta tempada. Prométese un partido moi competido, xa que a victoria págase moi cara nesta Liga de Ouro.
Forza Culle!
(CF) TAPERÍA DOS CHATA BM CANGAS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR
O Fisioterapia Benestar buscará nunha pista moi complicada os primeiros 2 puntos na clasificación, pola contra o equipo cangués buscará facerse forte na súa casa e lograr unha nova victoria.
Forza Culle!
(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS GALITRANS PONTEDEUME
O Climanosa busca a primeira victoria da tempada ao igual que o equipo visitante, tendo ambos o casilleiro aínda a 0.
O equipo cullerdense quere aproveitar o factor cancha e porá todas as súas armas para intentar lograr esa victoria tan apreciada.
Forza Culle!
(CM) BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO VS EM.ABEGONDO
O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo Domingo a que sería a sua terceira vitoria neste inicio de competición da liga Ouro. O encontro que lles enfrontará ao líder, o Grupo Lemaco Xiria A, disputarase no Vila De Noia de Carballo as 11:30h e será un encontró complicado ante rival dos mellores desta competición e que suma os seus primeiros enfrentamentos por vitorias. A retagarda dos de Culleredo deberá de funcionar a gran nivel e dar todavía un pasiño máis con repecto a mellora que xa se puido observar na anterior xornada de liga ante o BM.Rodeiro.
(XF) BM CULLEREDO RAFERGAL VS SAR RODAVIGO
En espera co factor de xogar na casa traía un aliciente positivo as xogadoras, o Rafergal tentará de poñer as cousas difíciles o Sar de Redondela.
Partido aparentemente igualado en forzas e nivel de xogo.
Vémonos en Almeiras o sábado ás 11:00.
(XM) MARUXÍA ASESORES ARTEIXO BM VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA
Desprazamento sempre compricado para estos xuvenís de prata, que unha nova xornada loitarán por seguir mellorando o xogo amosado anteriormente e rematar de consolidar a defensa que tan bos resultados nos está a dar!
Forza Culle!
(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS E.M.ABEGONDO
O BM. Culleredo Despreocúpate.és, afronta este sábado en horario de tarde, xusto antes dos senior, un partido moi importante para seguir sumando na liga Ouro. O rival, o conxunto xuvenil das E.M Abegondo, con certeza será un rival complicado, en pleno ascenso e mellora no seu xogo, como así o acreditan os resultados curtos obtidos ante conxuntos da soleira de Teucro, Xiria ou BM.Tui en xornadas anteriores. Lonxe queda aquel avultado 24-50 conseguido no mes de Setembro en Abegondo, xa que desde entón, moitas cousas cambiaron. Con todo iso, os cullerdenses parten coa ilusión de conseguir a súa terceira vitoria en liga, pero para iso deberán de estar dispostos a sufrir moito máis que naquel encontro e situarse arroupados e contundentes a nivel colectivo na súa retagarda. Diso dependerá, en gran medida, as posibilidades de imprimir o ritmo que máis interesa e as opcións de vitoria por parte do equipo. O partido dará comenzó as 17:00 no municipal de Tarrío.
(SM) BM.CULLEREDO VS ACANOR ATL. NOVÁS
Este próximo Sábado as 19:00h, o BM.Culleredo recibe no municipal de Tarrío ao Acanor ATL.Novás, nun encontro que xa tiveron a oportunidade de presenciar os afeccionados de Culleredo fai algo máis dun mes, naquel caso, dentro de Copa Sponsor. Aínda queda na retina o fantástico partido dos locais, minimizando ao excelente conxunto do Rosal cun 42-18 nunha actuación coral de todo o equipo. O primeiro paso que esta fin de semana terá que dar o conxunto cullerdense para poder imporse aos rosaleiros, é esquecer aquela tarde gloriosa e dar por sentado que este equipo do Novás vai ofrecer unha resistencia moito maior e que pode poñer en serio perigo a vitoria dos de Culleredo si estes non están atinados e concentrados ao 100%.
