Saltar ao contido

Hoxe coñecemos a… Galaico Caravaning

Unha entrega máis de "Hoxe coñecemos a..." na que vos seguimos presentando a esas empresas que nos apoian e nos axudan para que todo poida seguir adiante.

Nesta nova entrega queremos darvos a coñecer a unha empresa xoven e moi interesante, que nos ofrece servizos que de seguro serán de interese para moitas persoas da famillia cullerdense, Galaico Caravaning!

¿Queres viaxar de forma diferente, vivilas túas vacacións de forma completamente libre ou facer unha escapada sen rumbo fixo no teu tempo libre? Para eso e moito máis podes contar cos servizos de alquiler de autocaravanas de GALAICO CARAVANING!

Sigue lendo este post e saberás que pode ofrecerche Galaico Caravaning:

ALQUILER

En Galaico Caravaning poderás alquilar a autocaravana que mellor se adapte ás túas necesidades, dende as máis pequenas e sinxelas, ata grandes autocaravanas de 7 prazas con todas as comodidades.

Non o dubides e se aínda non o fixeches, proba esta interesante forma de desfrutar do teu tempo libre, unha forma moito máis libre de vivilas túas vacacións, sen ataduras e con unha cantidade inmensamente maior de posibilidades que as vacacións tradicionais.

Non te preocupes máis polo teu aloxamento, na túa autocaravana atoparás todo o necesario para poder pasar confortablemente esas vacacións que tanto queres, xa sexa coas túas amizades ou familia, simplemente consulta todas as posibilidades e atoparás aquela autocaravana que precisas.

Elixe o momento no que queres disfrutar dela, xa sexa en temporada baixa, media ou alta:

  • BAIXA: 1 outubro - 31 marzo.
  • MEDIA: 1 abril - 15 xuño / 15 setembro - 30 setembro
  • ALTA: 15 xuño - 15 setembro

Dende Galaico Caravaning danche moitas facilidades, ofrecéndoche unhas condicións inmellorables:

  • Gran variedade de autocaravanas.
  • Alquiler mínimo de 3 días (3 días con límite de 1000km e a partir dos 3 días sen límite de km).
  • Utensilios de cociña incluídos no prezo do alquiler.
  • Posibilidade de alquilar con un pequeno plus: Roupa de cama e bicicletas.
  • Atención personalizada en todo momento.

VENTA

Dentro de Galaico Caravaning poderás atopar tamén un servizo de venta de autocaravanas seminovas, unha forma moito máis económica de facerte coa túa propia autocaravana.

A través deste servizo poderás facerte con unha autocaravana con poucos km, en perfecto estado e lista para poder disfrutar.

DESTINOS RECOMENDADOS POR GALAICO CARAVANING

Dada a súa experiencia e tendo en conta que cada comunidade autónoma e cada país ten a súa propia regulación das autocaravanas, dende Galaico Caravaning indícannos como destinos moi apetecibles e accesibles os seguintes:

  • Cantabria
  • Francia
  • Suiza
  • Portugal
  • Italia

PARA MÁIS INFORMACIÓN

  • Teléfono: 667 655 130
  • Email: info@galaicocaravaning.com
  • Web: https://galaicocaravaning.com/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *