Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA!

Nova xornada de competición, con prácticamente todos os nosos equipos xogando contra rivais directos, xogándose puntos moi importantes de cara á competición. De seguro que será unha fin de semana intensa e con partidos de moito interese para todos os afeccionados ao balonmán.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS CLÍNICA DENTAL JOSÉ LUÍS BM CAÑIZA

Este sábado ás 12:30 en Almeiras, as nosas guerreiras infantís terán que verse as caras de novo co Bm Cañiza, tralo duro encontro que tiveran no Play-Off. As nosas rapazas do Canosa Abogacía queren repetilo resultado daquel encontro, pero a tarefa non será doada, xa que en fronte terán a un moi bo Bm Cañiza, que ten unha gran defensa.

(IM) BM CULLEREDO SUTENOR VS COLEGIO LICEO LA PAZ

O domingo ás 10:30 en Almeiras xogarán os nosos rapaces do Sutenor un novo encontro ligueiro, no que tratarán de derrotar a un Liceo que ven de amosar un bo nivel ante rivais moi fortes. A súa antropometría e intensidade fan do Liceo un rival difícil, prantexando unha correosa defensa 3:3. Os nosos infantís deberán ser capaces de imprimirlle un punto máis de velocidade ao balón que nos anteriores encontros e aproveitar ao máximo cada pequena oportunidade que consigamos xerar se queremos acadalos 2 puntos.

(IM) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Os nosos infantís de Liga Ouro desprázanse na mañán deste sábado ao sur da comunidade para afrontar un encontro máis no que deben superar ao Bm Chapela. Intentarán os nosos traer para a casa esos ansiados 2 puntos que se nos están a resistir esta tempada. O bo traballo individual en defensa e a solidaridade defensiva serán a chave para acadalo noso obxetivo.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS DISPESFRA RASOEIRO BM

Xa estamos de volta coa 5ª xornada da Liga de Ouro desta categoría, a disputar no Pavillón Municipal de Almeiras, o Sábado as 10:30. Motivación e ilusión fronte un equipo que non porá as cousas fáciles.

(CM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS TELEPIZZA ARTEIXO

Chega o Climanosa a este encontro con moitas ganas e a moral ben alta tras os 2 triunfos acadados na competición, aspectos chave para afrontar un encontro tan igualado como debería ser o deste domingo en Almeiras. Calquera dos conxuntos poderá levarse os 2 puntos, esperámosvos o domingo ás 12:30 en Almeiras!

(CM) SAR VS BM CULLEREDO CONSTRUPEREIRO

O conxunto cadete BM. Culleredo Costrupereiro, buscará o próximo Domingo a que sería a sua terceira vitoria neste inicio de competición da liga Ouro. O encontro que lles enfrontará a SAR de Redondela a domicilio, comenzará as 11:30 no pavillón da Bombonera e prevese un encontro competido, xa que os locáis, que aínda non estrearon o seu casilleiro de puntos e están moi necesitados, tentarán por todo os medios quedar cos dous puntos en xogo.

(XF) BALONMÁN CANGAS VS BM CULLEREDO RAFERGAL

Logo dunha fin de semana sen xogar, as nosas guerreiras volven o terreo de xogo. Diante delas un Balonmán Cangas situado nos postos altos da clasificación non deixarán escapar fácilmente dous puntos. O Domingo as 11:30 no Pavillón de o Gatañal veremos que pasa

(XM) OAR CIUDAD VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Este sábado ás 12.30, o xuvenil óptica Gallaecia ten por diante o derbi coruñés, duelo ante o OAR Coruña no pavillón de San Francisco Javier.

Logo do bo xogo amosado polos nosos no último encontro, éstes tentarán seguir pola senda da victoria e das boas sensacións que tan falta lles facían.

A por todas rapaces! Forza CULLE

(XM) LABER XIRIA VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM. Culleredo Despreocúpate.és, afronta este sábado un duro partido ante o Laber Xiria e polo tanto, visitará unha das pistas máis complicadas do campionato. O encontro, que comenzará as 12:00h no Vila De Noia, será de alta tensión, xa que Culleredo e Xiria están situados na quinta e sexta posición da táboa, tan solo separados por un punto.

(SM) BM.CULLEREDO VS CLUBE BM.TUI

Este próximo Sábado as 19:00h, o BM.Culleredo recibe no municipal de Tarrío ao BM.Tui, nun encontro moi importante para os cullerdenses, xa que a partires de esta semana, enlazarán sucesivamente enfrontamentos directos polos postos altos da táboa. O BM.Tui, é un conxunto que contaba os seus partidos por vitorias fai tan só duas semanas, así que, con toda seguridade, o BM.Culleredo terá que facer moi ben as cousas se pretende continuar invicto. Antes do encontro, será a presentación de todos os equipos de base e a foto oficial do clube, que este ano xa chegou ata as 300 fichas federativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *